Gerardo Castaño Balado
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Padrón, España |
| Morte | outubro de 1980 Padrón, España |
| Actividade | |
| Ocupación | debuxante, caricaturista |
Gerardo Castaño Balado, coñecido como Castaño, nado en Padrón e finado no mesmo concello en outubro de 1980, foi un debuxante e caricaturista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gerardo Castaño Vilanova, secretario do Xulgado de Padrón, e Josefa Balado Alonso. Foi oficial segundo do concello de Padrón até 1923.[1] Amigo da infancia de Manuel Antonio, que foi quen o animou a publicar os seus traballos.[2] Deu a coñecer os seus debuxos humorísticos en Faro de Vigo e Vida Gallega entre 1927 e 1931, e a partir dese ano deixou de publicar. É cualificado como debuxante humorista naif.[3][4] No franquismo escribiu poesía, como o relato en verso "Fun a Leiro c'unha moza".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Pérez, Clodio (1986). Castelao caricaturas e autocaricaturas. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-286-0.
- Pascual Carballo, Alberto (2009). Humor gráfico galego: da transición ao século XXI. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-648-7.