Eduardo Pérez Vega
Eduardo Pérez Vega | |
---|---|
Nome completo | Eduardo Pérez Vega |
Alcume | Tameirón |
Nacemento | 1914 |
Lugar de nacemento | O Tameirón |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eduardo Pérez Vega, Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornaleiro e traballador do camiño de ferro da Gudiña, era militante da CNT. Desertou do exército franquista e integrouse no grupo de Manuel Girón Bazán a finais de 1937. Asistiu ao Congreso de Ferradillo. Foi axudante de Mario Morán García na xefatura da II Agrupación dende 1945. Logrou fuxir a Francia na compaña de Florentino Pérez no outono de 1948. De alí marchou a Venezuela.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.