Segismundo Blanco Cuesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSegismundo Blanco Cuesta
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , futbolista , xornalista deportivo Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Blanco Tobío Editar o valor em Wikidata

Segismundo Blanco Cuesta, nado en 1895 e finado en Pontevedra o 10 de decembro de 1966,[1] foi un militar, futbolista e xornalista deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carabineiro da Comandancia de Pontevedra, foi ascendido a sarxento en marzo de 1937,[2] e cando o Corpo de Carabineiros se integrou na Garda Civil en 1940, pasou a este corpo, onde alcanzou o grao de tenente. Foi futbolista e árbitro de fútbol, presidente da Federación de Árbitros e dos Adestradores. Foi presidente do Anduriña do Grove,[3] e directivo do Pontevedra. Xornalista deportivo que asinaba como Don Verdades, foi redactor deportivo de Progreso, redactor xefe do semanario deportivo Aire de Pontevedra e colaborou en Diario de Pontevedra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Manuel Blanco Tobío.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 11-12-1966, p. 17.
  2. Diario de Pontevedra, 10-3-1937, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 16-12-1939, p. 5.