Enrique Labarta Pose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Labarta Pose
Enrique Labarta sobre 1925.jpg
Enrique Labarta Pose nos anos 20.
Datos persoais
Nacemento 22 de xullo de 1863
Lugar Baio, Zas, Galicia Galicia
Falecemento 13 de maio de 1925
Lugar Barcelona
Actividade
Lingua Galego e castelán
Xéneros Poesía e narrativa

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito en Santiago de Compostela, onde participou nos faladoiros da Academia de la Juventud Católica. Alí coñeceu a Valle-Inclán, Augusto González Besada, Juan Barcia Caballero, Vázquez de Mella, Cabeza de León e Alfredo Brañas. Ao rematar a carreira, e por consello de Brañas, ingresou na Administración publica da man do deputado Eduardo Vincenti, a quen lle dedicou o libro Bálsamo de Fierabrás.

Fundou as publicacións Galicia Humorística (1888), El País Gallego (1888), La Pequeña Patria (1890), Extracto de Literatura (1893) e Pasatiempos (1893-1894); dirixiu Galicia Moderna (1897) e colaborou en Galicia Recreativa e Mi Tierra co pseudónimo de Antón de Rabodegalo.

O retrato de Labarta Pose ilustrando a portada do semanario Extracto de Literatura, que el mesmo dirixía, está documentado como a primeira fotografía aparecida nun medio impreso galego, en 1893.

O Tío Miseria e outros contos, de Labarta Pose, é un dos volumes da Biblioteca Galega 120.

Características da súa obra[editar | editar a fonte]

A súa produción sobresae polo humor, que se manifesta sobre todo nos contos. Como poeta encádrase na liña costumista de finais do século XIX, aínda que incorporou elementos modernistas. Obtivo algúns premios, entre os que destaca a composición “Unha corrida de touros en Noya” gañadora nos Xogos Florais de Pontevedra en 1886.

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

La Pequeña Patria, Santiago, 30 de decembro de 1890, n.º 6.

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Última novedad: noventa y nueve céntimos de versos de todas las clases y arreglados a todos los gustos, 1884.
  • Bálsamo de Fierabrás, 1889, Madrid[2].
  • Adormideras. Poesías festivas, 1904, Pontevedra.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Varios[editar | editar a fonte]

  • Poesías premiadas. Un café flamenco en Galicia. A mi aldea. Sátira de costumbres contemporáneas, 1892, Santiago de Compostela.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O colexio público de Baio que leva o seu nome: CEIP Enrique Labarta Pose.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O antetítulo é Obras de Enrique Labarta. Foi editado pola barcelonesa "Editorial Políglota".
  2. O título completo é Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano con un prólogo de Alfredo Brañas. Foi impreso na "Librería de Fernando Fé", na madrileña Carrera de San Jerónimo.
  3. Editado pola "Editorial Políglota", de Barcelona. En 1960 a compostelá "Porto y Cía. Editores" reeditouna cun prólogo de Benito Varela Jácome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]