Augusto Escarpizo Lorenzana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1835 ![]() Otero de Escarpizo, España ![]() |
Morte | 22 de setembro de 1906 ![]() Xaén, España ![]() |
Residencia | Cangas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, farmacéutico, tradutor ![]() |
Pseudónimo literario | A. Escarpizo ![]() |
Familia | |
Fillos | Sarah Lorenzana ![]() |
![]() ![]() |
Augusto Escarpizo Lorenzana, nado na localidade de Otero de Escarpizo, no concello de Villaobispo de Otero (León) e finado en Xaén en setembro de 1906,[1] foi un farmacéutico e xornalista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario da Administración pública, farmacéutico e perito agrimensor. Instalouse en Pontevedra como farmacéutico e despois foi oficial da Delegación de Facenda (1866). En Pontevedra foi redactor de El Alerta e dirixiu o semanario La Revista (1867-1868) e o periódico La Crónica (1872). En 1878 formaba parte da xunta local de primeiro ensino de Cangas. En 1893 publicou en Pontevedra Geografía astronómica, física y política de la Provincia de Pontevedra. Mercou unha botica e instalouse en Vigo na última década do século XIX. En 1900 foi nomeado oficial da Delegación de Facenda de Cuenca,[2] e despois trasladouse co mesmo posto a Xaén.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a Cruz de Carlos III.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elisa Couto Salcedo e foi pai de Augusto e Sara Escarpizo Couto (Sarah Lorenzana).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cristina G. (5 de febreiro de 2011). "Tras la pista de Sarah Escarpizo". Faro de Vigo.