Ramón Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Conde
Ramón Conde, Román Rodríguez e Anxo Lorenzo 2015.jpg
Ramón Conde xunto co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en 2015.
Nacemento18 de decembro de 1951
 Ourense Galicia
NacionalidadeGalicia Galicia
Alma máterUniversidad Laboral de Gijón e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescultor
Coñecido/a porMonumento ao traballo e Caronte
Firma Busto Enrique Tierno Galván, Culleredo, escultor Ramón Conde.jpg
editar datos en Wikidata ]

Ramón Ángel Conde Bermúdez, nado en Ourense o 18 de decembro de 1951, é un escultor galego.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Moldeou numerosos bustos por encargos, nos que perfecciona as súas indubidables condicións de escultor e participa en certames públicos dos que son resultado as súas cabezas, monumentais, de Valle-Inclán, Alfredo Suárez Ferrín na Coruña e Pablo Iglesias Posse en Ourense, suficientes para coñecer a súa evolución desde un realismo tradicional ao ciplopeismo que caracterizará a súa obra persoal nunha modelaxe vigorosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fiel contraste, trala casa consistorial de Pontevedra.

Realiza os seus estudos na súa cidade natal até que en 1965 se traslada a Xixón onde cursa estudos na universidade laboral. En 1969 regresa a Ourense, onde finaliza os seus estudos de bacharelato. En 1971 ingresa na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela. En 1973 vive en Madrid coñecendo fundicións e obradoiros de diversos artistas. A partir de 1974 reside de novo en Ourense onde desenvolve lentamente a súa linguaxe plástica. En 1986 trasládase á Coruña onde vive até 1991, instalando o seu estudo no polígono de Sabón, en Arteixo. Nestes anos realiza as súas primeiras obras públicas e comeza a súa proxección internacional coa participación en exposicións como a do Salón des Indépendentes, na Exposición Internacional de Nogent Sur Marne, no Espace Delpha e en Lorient. En 1991 inaugúrase a súa obra Os Redeiros na Gran Vía de Vigo. Nese mesmo ano vai para Houston como profesor convidado da Universidade de Houston-Downtown. Vive nesta cidade até 1992. Nese ano realiza unha exposición no recinto feiral da Expo de Sevilla e ao ano seguinte realiza unha longa estancia en Monterrey, México.

Entre 1993 e 1999 trasládase a Vigo e monta o seu estudo en Comesaña. Despois desa estancia en Vigo e até o 2003 vive e traballa en Padrón. En 2003 realiza as súas primeiras exposicións en Alemaña (Hannover e Kommunale Galerie de Berlín). No 2005 realiza unha exposición nas rúas e o exterior do edificio do concello de Ourense.

Na actualidade reside en Santiago de Compostela e ten o seu estudo no Milladoiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Ramón Conde". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2011. 
  2. "Parque escultórico da Torre de Hércules". Concello da Coruña. Consultado o 27 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]