Manuel Vázquez Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Vázquez Castro
Manuel Vázquez Castro.jpg
Nacemento1 de febreiro de 1844
 Padrón
Falecemento5 de xaneiro de 1885
 Sevilla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Manuel Vázquez Castro, coñecido como Manuel Barros,[1] nado na Trabanca, Padrón, o 1 de febreiro de 1844 e finado en Sevilla o 5 de xaneiro de 1885,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os estudos primarios en Padrón e comezou os secundarios no Instituto de Santiago de Compostela. Comezou a traballar na oficina do escribán José María Batalla San Miguel. En 1862, con 18 anos, embarcou en Vigo con destino a a Cuba onde se iniciou como xornalista nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo, onde se defendía a causa española, o que o levou a se alistar como voluntario.

Abandonou Cuba en marzo de 1871 con destino a Nova Orleáns, de onde pasou a Nova York, para asentarse en Newburgh, onde traballou como docente. En outubro de 1871 retornou a Galicia. En maio de 1872 emigra novamente, desta volta a Buenos Aires, onde foi secretario de Carlos Casares, gobernador da provincia de Buenos Aires.[2] Tamén comezou a traballar en El Correo Español e fundou a Revista Galaica (que se podía considerar como o voceiro do Centro Galego de Buenos Aires).[2] Aos poucos, fundou e dirixiu La Nación Española, onde publicou "En las orillas del Sar", de Rosalía de Castro.

Participou en varias institucións como El Ateneo Español, a Beneficiencia Española, e sociedades recreativas.

Foi presidente do primeiro Centro Gallego de Buenos Aires, que se constituíu en 1879, pero desapareceu moi cedo por problemas entre os directivos, para ser refundado, de novo, en 1907.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Buenos Aires con Paula Florido y Toledo (quen o enviuvar casaría con José Lázaro Galdiano) e tivo unha filla póstuma.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje, 1875.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Peppino (2011), p. 16
  2. 2,0 2,1 2,2 Peppino (2011), p. 17

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]