Saltar ao contido

Francisco Pillado Rivadulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Pillado Rivadulla
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosFrancisco Pillado Mayor Editar o valor en Wikidata

BUSC: pillado-rivadulla-francisco-1918-1989

Francisco Pillado Rivadulla, nado na Coruña o 18 de setembro de 1918 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 1989,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi redactor-xefe e despois subdirector (1963) e director de La Voz de Galicia (1968-1977). Debido ás presións do ministro Manuel Fraga Iribarne, foi destituído como director polo Consello de Administración do xornal en 1977. Utilizou o pseudónimo Albor.

En 1967[2] o daquela ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga, amezouno (sobre a base da nova Lei de Prensa e Información do réxime franquista[3]) con pechar o xornal no caso de que saíse premiado co premio Fernández-Latorre por La Voz un artigo xornalístico de Alfonso Álvarez Gándara sobre a lingua galega intitulado "La iglesia no habla la misma lengua que los gallegos". O artigo, tras un intenso debate, foi finalmente premiado e en consecuencia Pillado Ribadulla tivo que facer fronte a unha multa de 50.000 pesetas da época[4][5], así como tamén o xornal, que volvería ser multado en diversas ocasións ao longo dos anos seguintes, sempre ao amparo desa lei.

Foi o pai do editor Francisco Pillado Maior.

  1. La Voz de Galicia, 26-3-1989, p. 23.
  2. Segundo as fontes, 1967 ou 1968.
  3. Alonso Montero e o franquismo que “ya no era muy duro” Arquivado 10 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza asinado por Manuel Monge o 9 de outubro de 2014.
  4. GARCÍA GONZÁLEZ, Aurora. Historia de la empresa de La Voz de Galicia (1939-1992), páx. 258. (en castelán)
  5. COSTAS, X.H. (coord.), 55 mentiras sobre a lingua galega, p.15, Ed. Laiovento 2009. Prolingua,

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Pousa, Xosé Ramón (coord.) (2005). Atando cabos : Homenaxe a Francisco Pillado Rivadulla. Santiago de Compostela: USC. ISBN 84-9750-400-3.