Ramón García Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón García Abad
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Castro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1887 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón María García Abad, nado nos Caparís, parroquia de San Xiao de Mos (Castro de Rei) o 7 de febreiro de 1836 e finado en Lugo o 7 de marzo de 1887, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou o bacharelato no instituto de Monforte de Lemos e a carreira sacerdotal no seminario de Lugo. Despois pasou a Toledo, onde obtivo a licenciatura en Teoloxía e Canons. Exerceu cátedras e foi vicerreitor do seminario de Lugo, onde gañou as oposicións a doutor en 1865. Desempeñou os cargos de provisor e vigairo xeral interino do bispado lugués. Predicador incansable, mereceu o título de "O Apóstolo de Galicia", pois dirixiu máis de 150 misións. Traduciu do italiano varias obras.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Clamores del Divino Pastor a las ovejas descarriadas, o sea, lecciones de Jesucristo a los pecadores olvidados de su salvación (Barcelona, 1861).
  • El camino del cielo allanado a todos los pecadores (Lugo, 1861).
  • Liga santa de los confesores (Lugo, 1865).
  • La más divina de las obras divinas, o sea, la obra de la santa infancia (Lugo, 1873).
  • Escala para subir los niños al cielo.
  • Manual de las personas que frecuentan los Sacramentos.
  • Propósitos razonados de un seminarista.
  • Guía del cristiano en la santa misión.

Fíxose unha impresión póstuma do seu libro Hojas sueltas (1894), quizais a súa peza máis coñecida popularmente, xunto con El libro del seminarista.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

En 1888 os seus admiradores colocaron a primeira pedra do ostentoso mausoleo que lle dedicaron para gardar os seus restos. Unha rúa de Lugo leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]