Melchor Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melchor Díaz
Falecementoxullo de 1952
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónresistente
editar datos en Wikidata ]

Melchor Díaz, coñecido como Pepito ou Diego, finado en xullo de 1952, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do PCE actuou como como enlace no seo da guerrilla antifranquista e foi o encargado de reorganizar, sen éxito, a V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que pretendía actuar na provincia de Pontevedra. En 1950 ocupou a secretaría do organización do Comité Rexional de Galicia do PCE coa misión de reconstruír o aparato do partido en Galicia. En maio de 1951, debido á presión das forzas policiais, marchou a Francia con José Ricardo Sevil. Logo da marcha de Francisco Rey Balbís a Francia, volveu a Galicia co posto de secretario xeral dos comunistas galegos. Logo da morte de Manuel Agrasar Cajaraville, Florentino Menéndez Palacio, Ricardo Fernández Carles e Vicente López Novo en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948, tentou reconstruír, sen éxito, a V Agrupación. Responsable de organización e propaganda do comité rexional do PCE, foi detido en Vigo, onde residía, na primavera de 1951. Levado ao cuartel xeral da Guardia Civil na fronteira da Coruña e Pontevedra, foi torturado nunha caseta próxima.[1] Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en xullo de 1952.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a testemuña de Ramón García “O Almirante”, foi pechado naquel lugar a finais de xullo por ter trasladado á guerrilla en barca a través do río Eume, pouco antes de saír daquel lugar puido presenciar como “un hombre con la cara picada de viruela, miembro de la brigadilla de la Guardia Civil” le “disparaba el tiro de gracia a Melchor Díaz, le pateaba dos veces y le arrastraban fuera de la caseta”. GONZÁLEZ, Francisco, 1999, p. 107.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 54. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, Secundino (2002). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Temas de Hoy. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]