Gonzalo Gurriarán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gonzalo Gurriarán Gurriarán")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo Gurriarán
Nacemento25 de abril de 1904
 O Barco de Valdeorras
Falecemento16 de xuño de 1975
 Igualada
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Gurriarán Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 25 de abril de 1904 e finado en Igualada o 16 de xuño de 1975[1], foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina en Salamanca e na Universidade Central de Madrid. Viviu na Residencia de Estudiantes mentres facía a carreira, o doutoramento e completaba o servizo militar, e alí coñeceu a Federico García Lorca e Juan Negrín, cos que estableceu unha amizade duradeira. Realizou varias estadías de investigación no estranxeiro, sobre todo en Estrasburgo, e defendeu a súa tese de doutoramento, titulada "Estudios experimentales sobre la obtención de la úlcera crónica gastroduodenal". En 1932 a Academia Nacional de Medicina concédelle o premio bianual de investigación Rodríguez Abaytua, que tamén recibiu en 1934. En 1935 integrouse no equipo do doutor Negrín. En 1936 foi nomeado Xefe Provincial de Sanidade de Madrid.

A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno no Barco. Estivo agochado un tempo e despois serviu como médico na fronte de Madrid nas tropas de Franco. Ao rematar a guerra abríronlle un expediente de depuración, e non puido exercer a profesión na sanidade pública ata 1948, cando obtivo unha praza de médico en Sobradelo de Valdeorras. Despois abriu unha clínica cirúrxica no Barco.

En 1944 creou o Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia, que servía tamén para protexer as súas visitas á montaña da constante vixilancia da Garda Civil e dos falanxistas. Impulsou a construción do refuxio de Fonte da Cova, dotou ao local social do Barco dunha biblioteca con libros de montañismo, xeoloxía, flora, historia e xeografía de Galicia e promoveu actividades relacionadas coa reforestación da serra e a sensibilización sobre a masa arbórea en extinción. Dirixiu a primeira e única selección galega de esquí, que debutou na serra de Guadarrama.

Morreu en Igualada vítima dun accidente de tráfico durante unha viaxe en xuño de 1975.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-6-1976, p. 17.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]