Xosé Eiroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Eiroa
Gabriel xose eiroa barral.jpg
Nacemento30 de novembro de 1892
 Santiago de Compostela
Falecemento21 de febreiro de 1935
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterautodidatismo e Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Ocupaciónescultor
editar datos en Wikidata ]

Gabriel Xosé Eiroa Barral, nado en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 1935, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta, comezou a traballar no obradoiro do seu pai marmorista na rúa Nova. A través de Sixto Aguirre coñeceu o grupo dos Novos ou Renovadores da arte galega que o animaron a dedicarse á escultura. Participou nos parladoiros composteláns dos anos trinta e, a través de Luís Seoane e Carlos Maside, interesouse polas novas tendencias.

A súa obra tentou renovar a linguaxe plástica do momento ao arredarse do folclorismo e da anécdota imperante, inquedanzas artísticas relacionadas co movemento renovador da arte galega. Potenciou os aspectos intrínsecos da escultura, a forma, o volume, a materia e o espazo, pero espiu as súas esculturas de calquera detalle anecdótico ou pintoresco. Os principios básicos das súas obras foron a sinxeleza e os volumes redondeados e nas que o corpóreo e o táctil se impuñan sobre o pictórico; tecnicamente dotounas dun arcaísmo formal e dunha materialidade pétrea, entendible pola súa falta de formación artística, pero que tamén ten que ver coa influencia da tradición popular.

Realizou tamén tallas en madeira e imaxes de Cristo. Destacan, entre outras, Campesiña sentada (1930), Leiteira, Maternidade e Moza peiteándose. A súa obra está presente nas coleccións do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e no Instituto Padre Sarmiento de Santiago de Compostela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]