Nicasio Pajares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicasio Pajares
Nicasio Pajares Ojeros.jpg
Nacemento11 de decembro de 1881
 Padrón
Falecemento26 de abril de 1956
 Madrid
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros, coñecido como Nicasio Pajares, nado na Trabanca (Padrón) o 11 de decembro de 1881 e finado en Madrid o 26 de abril de 1956, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun militar. Emigrou a Uruguai con 14 anos xunto do seu tío Vicente Pajares, coronel do exército uruguaio. Regresou ao ano seguinte e estudou teneduría de libros. Emigrou a Buenos Aires e empregouse nun comercio, até que decidiu estudar literatura en Rosario. Colaboarou no periódico El Despertar Hispano. En 1906 volveu para visitar a súa familia, pero foi detido en Vigo o 3 de agosto por facer manifestacións anarquistas no barco[1]. De volta na Arxentina dedicouse ao xornalismo colaborando nas revistas Mundo Argentino (da que foi xefe de redacción), Fomento de la Instrucción Gallega e Fray Mocho. En 1919 regresou de xeito definitivo a España dedicándose a escribir novelas de tema americano e ton humorístico. Tamén colaborou nas revistas La Esfera, Nuevo Mundo, Mundo Gráfico, Alfar e España. Casou en Madrid en 1920 con María Escolano.

Foi enterrado no cemiterio da Almudena de Madrid. En xullo de 2004 as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela tentaron recuperar a súa obra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Teatro de la emigración, 1922.
  • El conquistador de los trópicos, 1923.
  • El pensador de la selva, 1924.
  • Atorrántida, 1929.
  • Don Quijote y el tío Sam, 1930.
  • Como pervirtieron a Palleiros, 1931.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noroeste, 4-8-1906, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]