Francisco Lanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Francisco Lanza Álvarez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Lanza
Nacemento26 de marzo de 1892
 Ove
Falecemento16 de xaneiro de 1951
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Nemesio Lanza Álvarez, coñecido como Paco Lanza, nado nos Garitos (Ove, Ribadeo) o 26 de marzo de 1892 e finado en Buenos Aires o 16 de xaneiro de 1951, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia proviña de Vilaselán. Cursou os seus estudios en Ribadeo. Colaborou con Celestino Pérez Andrade e Camilo Cancio Quindós en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil. Foi un dos impulsores do Ateneo de Ribadeo en 1915. Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (que aínda existe), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, ó parecer en colaboración co seu sogro Celestino Pérez Andrade, numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés e Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasións por perigo da súa integridade.[Cómpre referencia] En 1927 comezou a súa relación co Seminario de Estudos Galegos, formando parte das seccións de xeografía e de historia, colaborou na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo. Tamén colaborou en Faro de Vigo e El Sol (Madrid).

En 1931 emigrou a Buenos Aires, onde traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte. Entre outras obras, durante a súa estancia en Arxentina, traballou como tradutor (Eça de Queirós, Kant) para a editorial Sopena Argentina, asinando como F. L. Álvarez.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973).
  • Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Ediciós do Castro en 1974).
  • Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).

Vida perosal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Pérez Fernández, filla de Celestino Pérez Andrade e tivo dous fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]