Juan Beltrán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1872 A Coruña, España |
Morte | 13 de novembro de 1928 (56 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Juan Beltrán Muíños, nado na Coruña o 26 de xuño de 1872 e finado na Habana o 13 de novembro de 1928[1], foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Secundou a Manuel Monteagudo na fundación do primeiro grupo esperantista da Coruña. Emigrou a Cuba a principios do século XX e residiu en Guanabacoa. Foi contable de comercio. Escribiu no Diario de la Marina unha sección de comentarios críticos de libros, e colaborou en Galicia, Gráfico, El Comercio, Cuba, Guanabacoa Gráfica, Eco de Galicia, El Hogar, Labor Gallega, La Patria Gallega, Revista Bimestre Cubana, Actualidades, Boletín del Ferrol y su Comarca, Chic e Archivos del Folklore Cubano. Usou os pseudónimos Abofé, B, JBM, P Caranza, J e JB. Foi membro da Sociedad Geográfica de Cuba. Foi presidente da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Morreu na Habana nun accidente de automóbil en 1929.
Obras
[editar | editar a fonte]- Historia de una subasta y subasta de varias historias, 1915.
- Biografía de la señora Ana Aguado de Tomás, cantante que vivió de 1866 a 1921 y conoció la emigración revolucionaria, 1922.
- Las armas de Galicia, 1923.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de la Marina, 14-11-1928, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 38. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 13 de agosto de 2017.