Celestino Fernández de la Vega
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Celestino Fernández de la Vega | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1914 |
Friol | |
Falecemento | 1986 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Pai | Higinio Fernández de la Vega Pasarín |
Xéneros | ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado en Lugo en 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor de 1963.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Higinio Fernández de la Vega Pasarín. En 1930 comezou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e despois de catro anos foi rematala a Madrid. Pouco despois de realizar os últimos exames foi mobilizado e combateu no bando nacional durante a guerra civil española.
Rematado o conflito, comezou a preparar as oposicións a técnico da Administración, que gañou en 1940, e foi destinado ao Goberno Civil de Lugo. Alí foi asiduo de varios parladoiros con Luís Pimentel, Ánxel Fole, Antonio Figueroa, Luciano Penedo e Ramón Piñeiro. Foi un dos socios fundadores da Editorial Galaxia e colaborou en publicacións como El Progreso, La Noche, Grial ou Galicia Emigrante.
Fernández de la Vega tratou de pór en valor o que entendía como características fundamentais do ser galego: a saudade, o sentimento da paisaxe e o humorismo. Importantes obras súas que tratan estes temas son Abrente e Solpor da Paisaxe de 1958 e mais O segredo do humor. Foi autor de numerosos artigos xornalísticos.
O humor, segundo a concepción do autor estaba entre medias do lado serio do cómico e o ridículo do serio. Para Fernández de la Vega o humorista máis relevante das literaturas hispánicas do século XX foi o nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Foi nomeado Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Tras desaparecer do seu domicilio o 25 de marzo de 1986, o seu corpo foi achado no río Miño o día 15 de abril.[1]
Obra[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- "Campanas de Bastabales" en 7 ensayos sobre Rosalía, 1952, Galaxia.
- O segredo do humor, 1963, Galaxia.
- Prologo de Sombra do aire na herba, 1959, Galaxia.[2][3]
- Ensaios a proba do tempo, 2009, Galaxia.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Cancioneiro da poesía céltica, de Julius Pokorny, con Ramón Piñeiro, 1951, Galaxia, desde o alemán.
- Da esencia da verdade, de Martin Heidegger, con Ramón Piñeiro, Galaxia, desde o alemán.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Celestino Fernández de la Vega, escritor". El País (en castelán). 17 de abril de 1986..
- ↑ Fernández de la Vega, C. (1983). "Vida e poesía de Luís Pimentel". Sombra do aire na herba. BBdCG.
- ↑ Fernández de la Vega, C. (2009). "Vida e poesía de Luís Pimentel". Ensaios a proba do tempo. Galaxia. ISBN 978-84-9865-188-1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 67. ISBN 84-7680-429-6.
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 58.
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 892. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 83. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "FERNÁNDEZ DE LA VEGA, Celestino". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 72.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 151.
- Piñeiro, R.; et al. (2005). "Fernández de la Vega Pardo, Celestino". Gran Enciclopedia Galega (DVD). ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 210. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA. Revista Grial, numero 95, 1987.