Francisco María de la Iglesia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de febreiro de 1827 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 5 de abril de 1897 A Coruña, España |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, escritor, xornalista, poeta |
| Familia | |
| Fillos | Santiago de la Iglesia Santos, Álvaro de la Iglesia, Alfredo de la Iglesia |
| Irmáns | Antonio María de la Iglesia Benigno de la Iglesia González |
| Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.234-235) |
Francisco María de la Iglesia González[1], nado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1827 e finado na Coruña o 5 de abril de 1897, foi un rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo. Influenciado pola obra de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas.[2] Pódeselle considerar -xunto a Xoán Manuel Pintos- o poeta en galego coa obra de maior amplitude, riqueza e variedade entre os anteriores a Rosalía. A súa obra teatral, A fonte do xuramento, ben se pode poñer en relación con esa produción poética, posto que foi tamén o verso o medio de expresión do que se serviu o autor.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Francisco María de la Iglesia cursou na súa cidade natal os estudos de Maxisterio, trasladándose á Coruña para exercer de mestre municipal. Nesa cidade entrará en contacto con Emilia Pardo-Bazán e rexionalistas como Uxío Carré Aldao ou os irmáns Gil-Taboada, cos que colaborará en diversos proxectos.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Na Coruña exercerá o seu labor editorial e literario. En 1856 fundou e dirixiu El Diario de Galicia, colaborou en El Defensor de Galicia e El Fomento de Galicia. Dende 1868 dirixiu o Diario de La Coruña e en 1863 a revista Galicia. Revista Universal de este Reino, que publicaría ata 1865 xunto co seu irmán Antonio, coa colaboración frecuente dun terceiro irmán, Benigno, tamén poeta. Tamén colaborou en El Anunciador.
Publicou varios poemas no Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, editado polo seu irmán Antonio e que pasou a formar parte do Álbum de la Caridad (1862), publicado tras celebrarse os Xogos florais da Coruña en 1861.
Como escritor dramático é o pai do teatro galego non popular, ao estrear con ruidento aprauso a súa peza A fonte do xuramento o 13 de agosto de 1882 no Liceo Brigantino da Coruña, e con millor trunfo no Teatro Principal o 22 de outubro. De feito, foi Francisco María de la Iglesia o primeiro autor que viu a necesidade de crear un teatro galego. Tanto era así que os seus correlixionarios (que non vían tal necesidade) rebautizárono co alcume de "Capitán Araña" (parafuseiro, enguedellante, embrullador,...), acusándoo de querer falar no gabinete como se fai na aldea.
Obra en lingua galega
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Cantigas de Espera de SS. MM. e AA. no Porto da Cruña (1858).
- A Súa Maxestade, a Reina Nosa Siñora Sabela II, que Dios a Garde, para Ben dos Orfiños da Arquiña (1858).
- O Vello do Pico-Sagro (1860).[5] Saurin de la Iglesia 2003 sinala como autor ao irmán: Antonio de la Iglesia.
- ¡Foge Miña Rula Foge! (1862).
- ¡Viva Galicia! (1887).
- O meu Amigo e Boo Ptricio Gallego Excmo. D. Vicente Calderón, Conde San Joan (1887).
- D'o mar e d'a terra, Editorial Mercedaria (publicado postumamente en 1930 por Gumersindo Placer), 120 páxinas.[6]
Teatro
[editar | editar a fonte]- A fonte do xuramento (1882), en verso, 57 páxinas.[7]
- Os ártabros. Escena orfeónica, en verso, 8 páxinas (1889).[8]
- Gallegos. ¡A Nosa Terra! (1897).
- O Último Brides. Zarzuela nun Acto (inédita).
Obra en lingua castelá
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]
- A la Juventud Española. Canción Guerrera (sen datar).
- Canción Epigramática para el Entierro de la Sardina, Dedicada al Recreo Artístico e Instructivo de Artesanos de La Coruña (1858).
- A los Niños del Hospicio Provincial, con motivo de la Venida de SS. MM. y AA. (1858).
- A S.M. la Reina Dª Isabel II al Pisar el Suelo de la I. y M.L.C. de La Coruña (1858).
- Al Ilustre Pueblo Coruñés (1860).
- Brille la Ciencia (1873).
- Loor y Gratitud a los Protectores de la Popular Instrucción (1873).
- Himno, en la Inauguración de la Exposición Local de La Coruña, Al Trabajo (1878)
- Himno al Apóstol Santiago (1885).
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Máximas Morales y Religiosas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Santiago, médico, Álvaro e Alfredo de la Iglesia, escritores.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O Vello do Pico-Sagro, 1860.
-
Álbum de la Caridad, 1862.[9]
-
A fonte do xuramento, 1882.
-
Os ártabros, 1889.
-
D'o mar e d'a terra, 1930.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén empregou o nome de Farruco d'a Igrexa González, concretamente na publicación de A fonte do xuramento, aínda que na portada desa mesma obra figuraba como Francisco Mª de la Iglesia y González.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ "Francisco María de la Iglesia e o rexurdimento do teatro galego" Real Academia Galega.
- ↑ Saurin de la Iglesia 2003.
- ↑ Números 1 a 5 da hemeroteca da RAG, dixitalizados no sitio web de Galiciana.
- ↑ Do mar e da terra na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Despois incluído na Biblioteca 114 da Editorial Compostela-El Correo Gallego, co número 24.
- ↑ Musicada por Pascual Veiga, foi editada por primeira vez na Habana en 1885 en A Gaita Gallega, ano I, Tocata 5ª, 8/11/1885, pp. 6-7.
- ↑ Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco María de la Iglesia |
| A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Francisco María de la Iglesia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Iglesia González, Francisco María de la". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 198.
- "Iglesia González, Francisco María de la". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 234.
- Dobarro, X. M. (2005). "Iglesia González, Francisco María de la". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. pp. 164–165. ISBN 84-95350-79-3.
- Saurin de la Iglesia, M.ª R. (2003). Antonio, Francisco y Benigno de la Iglesia. Una biografía intelectual. Santiago de Compostela: IEGPS. ISBN 84-00-08170-6.
- Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Edicións A Nosa Terra. pp. 25, 32. ISBN 84-89976-98-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Martínez, Xurxo (2023). "Francisco María de la Iglesia". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Francisco María de la Iglesia na Biblioteca Virtual Galega.
- Historia da Literatura Galega da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
- Francisco María de la Iglesia na hemeroteca virtual da RAG.
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Dramaturgos en lingua galega
- Xornalistas de Santiago de Compostela
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1827
- Finados en 1897
- Precursores do Rexurdimento
- Dramaturgos de Galicia
- Escritores en lingua castelá
- Poetas en lingua galega
- Poetas en lingua castelá
- Dramaturgos do século XIX
- Mestres de Galicia