Manuel Bello Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Bello Parga
AlcumeManolito Bello e Luis Seijo Freire
Nacemento1926
Lugar de nacementoMezonzo
Falecemento11 de xullo de 1946
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bello Parga, coñecido como Manolito Bello e Luis Seijo Freire, nado en Mezonzo (Vilasantar) en 1926[1] e finado na Coruña o 11 de xullo de 1946,[2] foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Comunista de España desde moi novo, participou no seu aparato de propaganda. As autoridades detivérono en maio de 1945 con José Blanco Núñez, José Soto Pombo e Francisco Cousillas Pombo por impresión e distribución de material subversivo. En xaneiro de 1946, pouco despois de saír en liberdade provisoria, uniuse ao Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi responsable do destacamento Líster da IV Agrupación e pouco despois pasou á partida La Marina. Nesta participou en Cambre no atentado contra Manuel Doval Lemat, coñecido falanxista local.

Participou o 19 de maio no intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España na que morreu o xornalista de El Ideal Gallego Arcadio Vilela Gárate. No intercambio de disparos coa Garda Civil, Manuel Bello caeu prisioneiro. Torturado na prisión e sometido a consello de guerra, foi condenado ao garrote e executado na Prisión Provincial da Coruña o 11 de xullo de 1946.[1] Converteuse nun heroe para a resistencia antifranquista comunista e un dos seus destacamentos guerrilleiros levou o seu nome. Na actualidade, un colectivo da Xuventude Comunista leva por nome Manolito Bello.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx 167
  2. La Voz de Galicia, 12-7-1946, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]