Asunción Correa Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Asunción Correa Calderón
Nome completoAsunción Correa Calderón
Nacemento1896
 A Pena
Falecemento1951
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
PaiAntonio Correa Fernández
FillosAntonio Bonet Correa e Choncha Bonet
IrmánsEvaristo Correa Calderón e Juan Antonio Correa Calderón
editar datos en Wikidata ]

Asunción Correa Calderón, nada na Pena (Baralla) en 1896 e falecida en Lugo en 1951, foi unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do médico e escritor Antonio Correa Fernández. Na adolescencia tivo como preceptor a Antonio Couceiro Freijomil, destinado naqueles anos na Escola Superior Graduada de Lugo. Lectora infatigábel, entrou en contacto coas vangardas en Madrid a través do seu irmán Evaristo. Casou en 1921 co militar e pintor José Bonet Peñalver. A súa vida transcorreu na Galicia natal, só interrompida por unha estadía en 1932 en Madrid onde publicou Estampas Castellanas. Desde 1934 ata 1941 viviu en Lugo, con longas tempadas na Pena, pois enviuvou en 1938 e puxo en explotación as súas propiedades do Val de Neira de Rei. Trasladouse a Santiago de Compostela cando os fillos empezaron os seus estudos universitarios.

Obra[editar | editar a fonte]

A primeira colaboración literaria, un poema en prosa modernista, "Cuento azul"', asinado co pseudónimo Florisel, viu a luz en 1917, no semanario infantil El Ideal que dirixía en Lugo o seu irmán Juan Antonio.[1] Na década de 1930 publicou unha serie de Estampas e contos no xornal Vanguardia Gallega, de Lugo, propiedade da familia. Neses textos amosa unha prosa dinámica, áxil. De 1932 é o conto "Mariquita" (reimpreso en La Noche en 1947 e do ano seguinte a breve prosa poética dedicada á Coruña "La Ciudad del mar". Por esta época tamén cultivou a poesía. Durante a guerra civil abandonou a escritura, actividade que retomaría coa reimpresión de "Mariquita".

A temática da súa produción ten como referentes Santiago e o Val de Neira de Rei, e os campesiños e campesiñas. Entre os inéditos que conserva a familia hai cadernos de borradores con panxoliñas, estampas, contos de ambiente rural ("La casa del ahorcado", "Abel", "Las exequias"), poemas ("Plaza", "Jardines de Monjes", "Cementerio", "Camposanto", "Amanecer", "Las Nieves", "Ventana abierta", "El Camino") e unha novela inacabada: Sagrario vidas humildes y sencillas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada con José Bonet Peñalver, foi nai de María Asunción,[2] Antonio e Jesús Santiago Bonet Correa.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]