Conversa:Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta listaxe de pseudónimos é demasiado grande como artigo e inclúe moitos contidos de dubidoso valor. Comecei a facer unha edición en profundidade seguindo estes criterios:

  • estruturar ben as categorías; particularmente as que quedan son categorías moi grandes e ademais písanse, dublican contidos e están moi mal ordenadas.
  • aínda que pode ser un traballo glorioso, non creo que sexa moi interesante recoller nunha listaxe xeral os dous pseudónimos principais dun escritor e os 30.000 secundarios, cando iso se pode facer dentro do mesmo epígrafe.
  • reducín tamén as datas, agás nos casos en que sexa útil para identificar o persoeiro.
  • eliminei as citas bibliográficas: en realidade, deberían incorporarse, pero son tan vagas que non achegan nada e perden a súa función inicial.

--Xabier Cid Conversa 17:43, 19 novembro 2008 (UTC)

Xabier, xa que estás reorganizando isto, lembra que no artigo Pseudónimo temos un pequeno feixe deles. Supoño que sería lóxico agrupalos todos nun mesmo artigo, pero ti verás como o fas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:30, 19 novembro 2008 (UTC)
Grazas polo aviso, Lameiro... O que vou facer vai ser integrar os galegos neste artigo e borrar aquela táboa. Por demais dos galegos ten cinco ou sete pseudónimos do campo cultural español, e ou ampliamos a listaxe de forma internacional, ou quitámola... --Xabier Cid Conversa 19:30, 19 novembro 2008 (UTC)
Como autor do artigo inicial só aclararei algunha cousa: 1) Non me interesa facer artigos gloriosos, se o quixera facer o primeiro sería darme gloria tendo nome e foto, e non sendo anónimo; 2)A idea inicial é de quen queira buscar un pseudónimo galego, poida atopalo inmediatamente, aínda que sei ben que a tecla ""procura"" o pode atopar;; a mantenta vai con datos como nacemento, morte ou fonte, etc, sempre que me pareceu ou tiña o dato a man, porque tamén sei que hai webs de pseudónimos, pero isto non está collido delas, senón de impresas (empecei por Carballo Calero e a súa Hª da Literartura) e non me levou 3 días, percorrín toda a GEG, 1ª edic. Ora ben son tamén consciente de que todo iso se pode quitar, PERO XA QUEDA COPIA, que cobre contra posíbeis acusacións de plaxio, porque as fontes son variadas, e eu teño a propia persoal inicial; 3) pódese separar por temas, porque quizais sexa demasiado longa e ""pesada"", e non me opoño, pero xa están aí; tal separación non me compete, pero se me piden que o faga, faise e non hai problema nengún; 4) si gustaría saber se podo meter máis e se realmente poido manipular algo ou se teño que ir coa música a outra parte, porque a tardiña crin que podía e logo dun tempo longo de traballo, quedou igual. Saúdos IP 313 60 6073, 20 novembro 2008, 0:22