Saltar ao contido

Xesús Ferro Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXesús Ferro Ruibal

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Rebón, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Pontificium Institutum Altioris Latinitatis Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, catedrático, filólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

IMDB: nm3405039 BNE: XX1075791 BUSC: ferro-ruibal-xesus-1944 Editar o valor en Wikidata

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo e rematou os estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela en 1965, e de Filoloxía Clásica en Roma en 1969. Foi membro do grupo Os irmandiños, un grupo de cregos e seminaristas que apostaban pola galeguización da igrexa. Colaborou na tradución ó galego do Novo Testamento (en 1978) e da Biblia (en 1989), obra colectiva que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990.

En 1994 foi galardoado coa Medalla Castelao. O 17 de xuño de 1995 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega, por proposta de Constantino García González, Carlos Casares Mouriño e Andrés Torres Queiruga, e ingresou o 4 de maio de 1996. O seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre[1], e foi respondido por Carlos Casares.

Desde o ano 1994 e ata o 2014 dirixiu o proxecto de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que edita periodicamente os Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo número 22 (2022) [2].

No ano 2004 formou parte da Comisión técnica que organizou e redactou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

No 2008 recibiu o Premio Lois Peña Novo[3].

Do 2007 ao 2011 dirixiu e presentou na Televisión de Galicia 470 programas de Ben falado!, microespazo de cinco minutos de duración dedicado á lingua galega.

Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega[4] e na revista Irimia.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Xesús Ferro está casado e ten dous fillos.

Refraneiro galego básico, BBdCG.
  • Dido e Eneas. Xénese, nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida, en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, 1983.
  • Refraneiro galego básico, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1987.
  • A Igrexa e a lingua galega, 1988, Consello da Cultura Galega.
  • Latín de onte a hoxe, Xerais, 1989 (en colaboración).
  • Lingua galega e relixión, en Grial 107, 1990, 335-357.
  • A miña oportunidade, Contos do Castromil nº 7, 1992.
  • Os papiros do Medulio, Contos do Castromil nº 28, 1992.
  • Ferro, Xesús (dir.); Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez, Fernando R. Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (1ª ed.). Vigo: Ir Indo. p. 664. ISBN 84-7680-096-7. 
  • Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1995 (en colaboración)
  • Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 35-58 (en colaboración).
  • Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958), en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 173-343 (en colaboración).
  • Explicitación e implicitación fraseolóxica. Notas galegas, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 6, 2004, 57-80.
  • Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 8, 2006, 179-264.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.
  • O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9 (en colaboración con Pedro Benavente Jareño) [6]
  1. "Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre". Real Academia Galega. Consultado o 10 de novembro de 2007. 
  2. Os 22 números publicados e mais os anexos son accesibles de forma libre no servidor do CRPIH Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine..
  3. "Xesús Ferro Ruibal, Manuel Pereira Costas e Vilar de Santos recollen os premios Lois Peña Novo". Cultura Galega. 27 de xuño de 2008. 
  4. "Créditos do Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2012. 
  5. Abr, 29; Galegas, 2023 | Letras; Irimia, Revista. "Xesús Ferro Ruibal, autor en Asociacion Irimia". Asociacion Irimia. Consultado o 2024-10-07. 
  6. "Ficha do libro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2018. Consultado o 18 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]