Saltar ao contido

Premio Lois Peña Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Lois Peña Novo
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1995 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata
Os galardoados na entrega dos premios en 2016.

Os premios Lois Peña Novo son galardóns concedidos anualmente pola fundación homónima. Os Premios creáronse en 1995 co obxectivo dos premios é recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da normalización da lingua galega no ámbito das administracións públicas.[1] Levan o nome do político e escritor chairego Lois Peña Novo (1893–1967), que foi elixido concelleiro na Coruña en 1920 e mandou erguer a bandeira galega durante un 25 de xullo, e foi secretario dos municipios de Vigo, Sada e Lugo.[1]

O acto de entrega adoita celebrarse no Castelo de Soutomaior.

Galardoados

[editar | editar a fonte]
Ano Persoas ou Institucións Galardoadas Motivo
1995 Policía local de Moaña
Concello de Soutomaior
Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira
Xulgado do Social nº 2 de Pontevedra
Funcionarios do Xulgado de Instrución nº 5 de Vigo
1996 Revista informativa de Policía Local da Coruña
Concello de Fene
Colectivo de funcionarios do Xulgado de Primeira Instancia nº 8 de Vigo
Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago
1997 Funcionarios do Concello de Vigo
Brigada da Policía científica da Comisaría de Vigo-Redondela
Xoaquín Monteagudo Romero
Pedro Benavente Jareño
1998 Xosé Antón Gómez Segade
Daniel García Ramos (a título póstumo)
Concello de Santiago de Compostela
Victorino Gutiérrez Aller
Luis Rodríguez Ennes e Luisa Blanco Rodríguez
1999 Fernando Tato Plaza
Concello de Celanova
Benito Montero Prego
2000 Xosé Xoán Barreiro Prado, Luciano Varela Castro e Xoán Manuel Alfaya Ocampo
Miguel Ángel González Trigás
Concello de Allariz
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
2001 Carlos Varela García
Instituto da Lingua Galega
Concello de Muros
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
2002 Paula Soto Viñas, Alberto Carballo Acuña, Daniel Macenlle Díaz e Marta Souto González
Concello de Narón
Camilo Fernández Valdeorras
Rosalino Julián González Serodio
Sistema de tradución automática Español-Galego (ES-GA) do Centro Ramón Piñeiro
2003 Ana López-Suevos Fraguela
Grupo Academia Postal
Concello de Rianxo
2004 Consello da Avogacía Galega
Carlos González Horro
Concello de Lugo
2005 Pablo Vaamonde García
Concello de Cambados
Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia
2006 Xulgados nº 1 e 2 de Primeira Instancia e instrución de Lalín
Luís García Mañá
Empresa R de telecomunicacións
2007 Antón Seoane-Pampín Montenegro
Consultora Galega
Gonzalo Navaza e Concello de Catoira
2008 Xesús Ferro Ruibal
Manuel Pereira Costas
Concello de Vilar de Santos
2009 Emilio González Fernández
Hijos de J. Barreras, S.A.
Concello da Estrada
2010 Ramón Lorenzo Vázquez
Foro Avogados Lugo S.C.P.
Concello de Burela
2011 Alba Nogueira López[2][3]
Xosé Rodríguez Cruz[3][4]
Concello de Ames[3] "...pola súa política lingüística destinada a promover o uso do galego."[3]
2012 Luís Villares Naveira
Gonzalo Amoedo López
Dicionario Xurídico Galego
2013 Clodio González Pérez
Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela
Concello de Valga
2014 Jorge Mira[5]
Dalila Dopazo Blanco
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
2015 Ángel Carracedo Álvarez
Ricardo Gurriarán Rodríguez
Consuelo Castro Rey
2016 Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Xosé Manuel Cid Fernández
Consuelo Castro Rey
2017 Sandra Piñeiro Vilas
Xurxo Mariño Alfonso
Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte nas Ondas"
2018 María Xosé Queizán "... como recoñecemento a unha traxectoria vital de compromiso coa lingua e cultura galegas desde os anos cincuenta deica hoxe estimando o xurado como moi positiva a articulación dun discurso feminista enraizado na realidade galega, mobilizando o seu discurso ás conciencias das mulleres para conquistaren a dignidade e igualdade cos homes".[6]
Manuel González González[7] "... polo seu traballo de investigación científica e constantes achegas á riqueza do noso idioma. Destaca o xurado o seu esforzo por dotar á lingua galega de recoñecemento internacional".[6]
Xesús Costas Abreu "... xurista e funcionario da administración local, pola súa implicación na galeguización do dereito e da Administración de  Xustiza, e as súas achegas nos anos 80 na fixación dunha linguaxe xurídica e administrativa".[6]
2019 Manuel Bermejo Patiño "Profesor emérito da USC, recoñécelle o xurado a coherencia na utilización da lingua galega durante toda a súa vida académica e investigadora".[8]
Paz Filgueira Paz "Maxistrada do Xulgado de violencia de xénero de Vigo ten no seu haber o meritorio exercicio da súa actividade xurisdicional realizada en lingua galega, ditando milleiros de sentenzas e resolucións no noso idioma".[8]
Carlos Salgado López[9] "Profesor titular do Departamento de Física de partículas da USC e Director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, lóuvaselle o seu compromiso permanente coa lingua galega na súa actividade investigadora, altamente especializada, que o sitúan entre os mellores científicos na súa materia, tanto en España como en Europa".[8]
2022 Rodrigo Romaní[10] "... polos máis 40 anos de impecable traxectoria creando referentes no imaxinario colectivo galego, primeiro como integrante do grupo Milladorio, máis tarde como director do Conservatorio de Música tradicional en Vigo e despois pola creación da  primeira escola permanente existente en España dedicada á arpa celta ou a creación da orquestra folk SondeSeu".[11]
Marisa Castro[10] polo seu "... maxisterio socrático de galeguidade diante dos centos de alumnos que a través das súas aulas se formaron en lingua galega” na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo".[11][12]
Nova Escola Galega[10][12] "... por tratarse dun colectivo da sociedade civil que desde 1983 vén traballando coa finalidade de construir un sistema educativo en galego,  público e democrático, implicando a persoas tanto do ámbito educativo como da sociedade en xeral, e exercendo un labor de transcendencia na formación de novo profesorado como eixo fundamental para a pervivencia da lingua galega".[10][11]
2023 GCiencia[13][14] "por darlle visibilidade ao galego nas redes sociais".[15]
Rosa Castro[13] "pola súa contribución á consolidación da lingua galega nos medios de comunicación".[15]
Felipe Senén[13] "pola súa ampla traxectoria na defensa do patrimonio cultural de Galicia".[15]
2024 Concello de Carballo[16][17] "... pola súa firme aposta durante máis de vinte anos pola dinamización lingüística e o desenvolvemento de accións que animan á cidadanía e aos funcionarios no uso do galego".[16]
Carlos Pajares[17] "Científico, investigador emérito e asesor da Unión Europea en plans de estudo de Física, é fundador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e ex-Reitor da Universidade de Santiago de Compostela".[18]
M.ª Jesús Lago Vilaboa[17] "Xefa de servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Vigo, por ser pioneira e defensora do uso do galego no ámbito sanitario".[18]
2025 Asesoría Xurídica da Deputación Provincial de Lugo por tratarse dunha “iniciativa insólita e valente que está a impulsar unha galeguización integral na práctica xurídica dunha institución pública”.[19]
Esther Estévez Casado “en recoñecemento ao seu firme compromiso coa promoción e normalización da lingua galega, destacando como presentadora do espazo da TVGDígocho eu”.[19]
Miguel Anxo Seixas Seoane presidente da Fundación Castelao, polo seu “compromiso coa promoción da lingua e identidade do país, así como coa recuperación de figuras clave da nosa historia e pensamento”.[19]
  1. 1 2 "Somos". galeguizargalicia.gal. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  2. "Os premios Lois Peña Novo recoñecen un ano máis o compromiso social coa lingua galega". xunta.gal. 30 de xuño de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  3. 1 2 3 4 "Ames recogió uno de los premios Lois Peña Novo". elcorreogallego.es (en castelán). 1 de xullo de 20211 [actualizado 2 de xullo de 2011]. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  4. "Os premios Lois Peña Novo recoñecen un ano máis o compromiso social coa lingua galega". www.edu.xunta.gal. 30 de xuño de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2019.
  5. "Parabéns Jorge Mira!". semescom.gal. 28 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  6. 1 2 3 González, Xosé (15 de xuño de 2018). "Premios Peña Novo 2018". galiciaconfidencial.com. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  7. "Manuel González, premio Lois Peña Novo". academia.gal. 5 de xuño de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  8. 1 2 3 "Galicia Digital – XXV Premios Peña Novo, o recoñecemento do maxisterio galeguizador". galeguizargalicia.gal. 18 de xuño de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  9. "Carlos Salgado, Premio Lois Peña Novo 2019". /igfae.usc.es (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  10. 1 2 3 4 Redacción (6 de xuño de 2022). "Faro de Vigo – Os premios Peña Novo recoñecen a Rodrigo Romaní, Nova Escola Galega e Luisa Castro". galeguizargalicia.gal. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  11. 1 2 3 "Premios Lois Peña Novo 2022". galeguizargalicia.gal. 1 de xuño de 2022. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  12. 1 2 Redacción (4 de xuño de 2022). "Os premios Peña Novo recoñecen a Rodrigo Romaní, Nova Escola Galega e Luisa Castro". farodevigo.es. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  13. 1 2 3 Redacción (30 de xuño de 2023). "Faro de Vigo – G Ciencia, Rosa Castro e Felipe Senén reciben os premios Lois Peña Novo en Soutomaior". galeguizargalicia.gal. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  14. Redacción (26 de maio de 2023). "GCiencia gaña o XXVII Premio Lois Peña Novo por “dotar de prestixio” o idioma galego". gciencia.com. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
  15. 1 2 3 "Resólvense os XXVII Premios Lois Peña Novo". consellodacultura.gal. 25 de maio de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  16. 1 2 P., X. (6 de xullo de 2024). "Evencio Ferrero recolleu o Premio Lois Peña Novo no nome do pobo carballés por manter e promover o galego". lavozdegalicia.es. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  17. 1 2 3 "Os Premios Lois Peña Novo xa teñen gañadores". laopinioncoruna.es. 31 de maio de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  18. 1 2 "Premios Lois Peña Novo 2024". galeguizargalicia.gal. 5 de xullo de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2025.
  19. 1 2 3 Galega, Consello da Cultura. "Resólvense os XXIX Premios Lois Peña Novo". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2025-05-27.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]