Dicionario da Real Academia Galega
Aparencia
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas,[1] coa pronunciación de todas as palabras.[2] En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.[3] En novembro do 2016 foi actualizado a 60.000 entradas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Real Academia Galega estrena nueva página web, con diccionario en línea". El Mundo (en castelán). 30/3/2012.
- ↑ "A Academia colgará na Rede o novo dicionario, con 50.000 entradas". La Voz de Galicia. 7/2/2012.
- ↑ "O novo dicionario electrónico da RAG supera as 50.000 entradas". La Voz de Galicia. 26/6/2013.
- ↑ "El diccionario de la RAG se vuelve interactivo". Faro de Vigo (en castelán). 16/11/2016.