Fernando Acuña Castroviejo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1945 Santiago de Compostela, España |
Morte | 13 de setembro de 2016 (71 anos) Vedra, España |
Lugar de sepultura | Trobe |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Fernando Acuña Castroviejo, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1945 e finado en Vedra o 13 de setembro de 2016[1], foi un arqueólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. foi membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega. Tamén foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
Os seus traballos céntranse na arqueoloxía romana, destacando especialmente as súas investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Arredor da arqueoloxía, 2002, Universidade de Santiago de Compostela.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Prehistoria e Arqueoloxía de Galicia: estado da cuestión, 1979.
- Fermín Bouza-Brey, 1992, Xunta de Galicia.
- Finisterrae: estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil, 1992, Universidade de Santiago de Compostela.
- Celestino García Romero: un xesuíta de Boiro, 2005, Concello de Boiro.
- Os Capítulos da Irmandade: peregrinación e conflito social na Galicia do século XV, 2006, Xunta de Galicia.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Mosaicos romanos de Hispania citerior: Conventus Lucensis, 1974.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La romanización de Galicia, 1976, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro.
- «Vigo en la antigüedad», en Álvaro Cunqueiro & José Mª Álvarez Blázquez (coordinadores), 1980, Vigo en su historia, pp. 13–59. Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. (Xunto con J. M. Álvarez Blázquez, Arturo Conde, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide, Antonio Odriozola et alii.)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere el catedrático de Arqueoloxía de la USC Fernando Acuña Castroviejo". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 13. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Categorías:
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1945
- Finados en 2016
- Numismáticos de Galicia
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Historiadores de Galicia
- Enciclopedistas de Galicia
- Membros da Real Academia Galega de Belas Artes
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela