Cariño
Coordenadas: 43°44′29″N 07°52′09″W / 43.74139°N 7.86917°W
| Cariño | |
|---|---|
| Casa do Concello de Cariño | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Cariñés - Cariñesa |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Ortegal |
| Poboación | 4.590 hab. (2009) |
| Área | 46,8 km² |
| Densidade | 98,65 hab./km² |
| Entidades de poboación | 5 parroquias |
| Capital do concello | Cariño |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Purificación Seixido (BNG) |
| Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Cariño | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 95,22 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellodecarino.com | |
Cariño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Ortegal. Segundo o INE en 2009 tiña 4.590 habitantes (4.700 no 2006, 4.788 no 2005, 4.798 no 2004, 4.812 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cariñés - cariñesa».
Índice |
[editar] Xeografía
[editar] Serra da Capelada
Elévase na parte occidental do Concello e descende cara ó Océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales, o de Herbeira, é considerado o máis alto da Europa continental.
Os montes máis destacados da Capelada son:
- Monte Herbeira (613 m).
- Monte Limo (558 m).
- Monte Miranda.
[editar] Zona oriental
A zona oriental do Concello está formada polo descenso dos montes, de forma suave, cara á Ría de Ortigueira. Nesta zona sitúanse todos os núcleos de poboación do Concello, a maior parte dos cales preto da ría.
[editar] Ríos
Os cinco ríos máis importantes do concello son:
Todos eles nacen na Serra da Capelada e descenden cara ó Oriente. Trátase de ríos de augas polo xeral rápidas, e moi curtos.
[editar] O Cabo Ortegal
O punto xeográfico máis importante do Concello é a Punta dos Aguillóns (Cabo Ortegal). Situado no extremo setentrional de Cariño, constitúe o punto de división entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico
[editar] Clima
Dentro do Concello, hai tamén dúas áreas ben diferenciadas. Na cima dos montes da Serra da Capelada, as precipitacións son elevadas todo o ano (2000 mm); debido á protección destes mesmos montes, as chuvias redúcense lixeiramente na zona oriental do Concello (aproximadamente uns 1000 mm). A temperatura media anual sitúase entre os 13º e os 14º.
[editar] Comunicacións
A principal estrada de Cariño (CP-6121) conéctao con Ponte de Mera, en Ortigueira, e transcorre case a carón da costa, a través das parroquias de Feás, Landoi, Sismundi, A Pedra e, finalmente, Cariño. Dende aquí, pódese continuar cara ó Cabo Ortegal por unha estrada local; de igual forma pódese subir á Serra da Capelada mediante dous ramais, un que parte de Feás e o outro, de A Pedra.
[editar] Economía
O Concello de Cariño é economicamente activo. O sector de maior importancia é o da pesca, tanto polos empregos que crea de forma directa como polas industrias conserveiras que se sitúan en Cariño. Na parroquia de Santiago de Landoi hai unha mina de dunita.
[editar] Historia
Os restos atopados na Serra da Capelada evidencian que o concello estaba xa poboado na época prehistórica: no monte do Limo acháronse lascas de sílex, e hai cinco dolmens (No Coto de Lodeiro, na Cova da Fornela, no Coto da Zarza e dous no monte de Herbeira).
O concello continuou a ser poboado varios milenios máis tarde, a xulgar polos castros da Moura, da Punta do Castro e da Cancela. En San Xiao de Trebo, un pequeno núcleo de poboación situado ó norte de Cariño, atopáronse restos dunha vila romana baixo unha capela.
Da Alta Idade Media coñécense varias construcións, entre elas A Pena do Castelo de Cariño (na parroquia da Pedra), do que só se conservan algúns restos.
Xa máis adiante, Cariño foise convertendo nunha vila pesqueira. No ano 1584, o padrón rexistra "39 veciños e 124 almas". A partir do século XVII, Cariño convértese en parte do condado de Santa Marta de Ortigueira.
O papel pesqueiro de Cariño reforzouse entre o último cuarto do século XIX e o principio do XX coa implantación de fábricas de conserva por parte de inmigrantes procedentes de Cataluña, unha nova burguesía local á que se sumaron familias da comarca e doutros puntos de Galicia.
Especialmente traumáticos para o porto foron a galerna de 1887, que ocasionou a desfeita de varias fábricas e barcos, e unha revolta popular acontecida en 1897 con tráxicas consecuencias ao cargar a Garda Civil contra os manifestantes, a práctica totalidade da poboación.
As mudanzas económicas proletarizaron o sector mariñeiro, provocaron o acceso das mulleres ao traballo e propiciaron o medre dunha pequena burguesía local. O nome de Cariño non tardou en sumarse, baixo as siglas da CNT e outras, á emerxencia do sindicalismo mariñeiro ao ritmo dos outros enclaves pesqueiros do país.
A represión fascista (asasinatos, prisión, exilio...) foi especialmente dura na comarca do Ortegal tras o golpe de Estado do 36.
A industria pesqueira e conserveira conseguiron recuperarse unha vez pasada a posguerra e as fortes correntes migratorias entre os anos 40-60. Unha nova xeración de mariñeiros con vocación empresarial explorou novos caladoiros. A flota medrou e modernizouse e o rendemento vinculado ás especies de altura (pescada, bonito, etc.) permitiu notorios avances sociais. A pesar de todas as conserveiras iren pechando paulatinamente, nesa mesma época chegou un período de prosperidade para Cariño que se acentuou coa extracción e exportación de dunita a partir da década dos oitenta.
Xurdiron tamén daquela iniciativas culturais e incrementouse o asociacionismo. Organizouse o Festival de Teatro de Cariño -que acabou sendo dos de maior renome no circuíto nacional- e logrouse o consenso social e político para conseguir dous centros de ensino oficiais e, máis tarde, a proclamación do Concello independente o 21 de xaneiro de 1988. É o concello número 313 de Galicia, segregouse en 1988 de Ortigueira.
[editar] Goberno municipal
Trala segregación de Ortigueira das parroquias que constituirían o concello de Cariño, en 1988, o socialista José Luis Armada pasou a ser o seu alcalde, unha condición que revalidaría nos comicios locais de 1991. Abriríanse despois dous mandados (de 1995 a 2003) con Fernando Tallón (PP) como novo alcalde.
Porén, en 2003 e 2007 Armada volvería ser alcalde, nunha corporación que, en ámbalas dúas citas, estivo composta por 5 edís do PSdeG-PSOE, 4 do PP e 2 do BNG. Situación que abocou a senllos gobernos de coalición entre socialistas e nacionalistas.
En 2011 é elixida alcaldesa Mª Purificación Seixido Gómez, do Bloque Nacionalista Galego (BNG). A corporación municipal complétase con 3 concelleiros do BNG,4 do PP e 3 do PSdeG-PSOE.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cariño.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño | |
|---|---|
|
Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo) |
[editar] Lugares de Cariño
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cariño vexa: Lugares de Cariño.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Concellos da Comarca do Ortegal | ||||
|---|---|---|---|---|
Cariño |
Cerdido |
Mañón |
Ortigueira |
|
|
|||||