Anxo Angueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo Angueira.jpg

Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle, no concello de Dodro, o 13 de xaneiro de 1961, é un escritor e estudoso da literatura galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Sempre vinculado á súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua española, Bernardino Graña, quen lle inculcou o amor pola lingua do país e lle deu as primeiras leccións de literatura. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.

Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da CUT, e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.

Actualmente reside en Vigo onde ten dous fillos e está casado.

[editar] Obra

[editar] Narrativa

  • Bágoas de facer illas, 1997, Xerais.
  • Pensa Nao, 1999, Xerais.
  • A morte de A., 2003, Xerais.

[editar] Poesía

[editar] Ensaio

  • De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras, 1995, Xerais.
  • Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2003, AELG-Xunta de Galicia.
  • A espiral no espello, 2009, Xerais.

[editar] Edicións

[editar] Obras colectivas

  • Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
  • O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
  • Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora.
  • Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Que lle podo ofrecer a quen me intente?, 2011, Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.

[editar] Premios recibidos

  • Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás.
  • Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso.
  • Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle.
  • Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.
  • Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe.
  • Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas