Santiago Casares Quiroga
| Santiago Casares Quiroga | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 8 de maio de 1884 | ||
| Lugar: | A Coruña, Galicia | ||
| Falecemento: | 17 de febreiro de 1950 | ||
| Lugar: | París, Francia | ||
| Organización: | Organización Republicana Gallega Autónoma | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Ministro de Marina Ministro de Gobernación Ministro de Obras Públicas Presidente do Goberno da IIª República Ministro de Guerra |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e avogado | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
En 1914 asumiu a dirección do periódico republicano Tierra Gallega.
Líder e fundador da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), participou no Pacto de San Sebastián (1930), en representación da Federación Republicana Gallega. En decembro dese ano, é enviado a Jaca como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado.
Coa chegada da República foi nomeado Ministro da Mariña no goberno provisional e máis tarde Ministro de Gobernación. Elixido deputado polas Cortes Constituíntes pola ORGA, seguiu sendo Ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por Manuel Azaña.
Elixido deputado de novo en 1933, e en 1934 (a ORGA pasa a chamarse Partido Republicano Gallego) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a Izquierda Republicana, partido que se integraría no Frente Popular. Tralas eleccións de 1936 é nomeado Ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de Azaña á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado Presidente do Goberno e Ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, o terceiro que se presenta despois dos de Cataluña e País Vasco, o cal é aprobado o 28 de xuño do mesmo ano.
Segue sendo presidente do goberno cando se produce a sublevación militar do 18 de xullo de 1936 que desembocaría na Guerra Civil Española. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por Diego Martínez Barrio de forma interina e por José Giral definitivamente. Así e todo, as memorias de Manuel Portela Valladares (inéditas até 1972) e as da súa filla María Casares, coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, Manuel Azaña, quen cesou a Casares o mesmo 18 de xullo de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo.
Non ocupou ningún cargo máis durante a Guerra Civil, marchando a Francia antes da súa finalización. Morreu no exilio en 1950.
O 14 de abril de 2007 foi inaugurada na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga na que fora a súa casa na Coruña.
| Predecesor: Manuel Azaña Díaz |
Presidente do Goberno español 1936-1936 |
Sucesor: José Giral Pereira |
Galería de imaxes [editar]
-
Santiago Casares Quiroga e Augusto Barcia Trelles no parque do Retiro, Madrid, 1936.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Portal Fuenterrebollo (Gobernos da II República)
- Fotografías
|
|||||