Fulepa das xunqueiras
| Fulepa das xunqueiras | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Acrocephalus schoenobaenus | ||||||||||||
A fulepa das xunqueiras (Acrocephalus schoenobaenus) é unha ave paseriforme da familia Sylviidae.
Índice |
Descrición [editar]
Miden uns 13 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 17 e 21 cm. Os adultos pesan entre 10 e 15 g. A parte superior é castaña agrisada con marcas escuras, a inferior é amarelada. Teñen a gorxa abrancazada. Na cabeza amosa un "pucho" negro e ten unha marca superciliar ou cella de cor gris clara. A coloración dos dous sexos é semellante. O bico é aguzado.
Distribución e hábitat [editar]
Cría en Europa e no leste e centro de Asia. É unha ave migratoria de longa distancia. Os exemplares europeos, presentes no continente entre abril e outubro, pasan o inverno ó sur do Sahara, unha viaxe de ata 6.000 km para a que deben acumular boas reservas de graxa.
O seu hábitat son as xunqueiras e a vexetación mesta das beiras de ríos, lagos, pantanos e outras zonas acuáticas.
Alimentación [editar]
Aliméntanse de insectos, arañas, pequenos invertebrados e bagas.
Reprodución [editar]
Maduran sexualmente ó ano de vida. En Europa a forza da estación de cría sitúase entre maio e xullo. As femias fan un niño recuberto de follas e herbas entre a vexetación mesta, a pouca altura sobre da auga. Nel poñen entre 4 e 6 ovos averdesados con manchas amarelas e agrisadas, que chocan de unhas dúas semanas. Os polos están en condicións para voar cando teñen 10 ou 12 días.
Nome vulgar noutras linguas [editar]
- Alemán: Schilfrohrsänger
- Danés: Sivsanger
- Finés: Ruokokerttunen
- Francés: Phragmite des joncs
- Inglés: Sedge Warbler
- Italiano: Forapaglie
- Neerlandés: Rietzanger
- Sueco:Sävsångare