Avelino Abuín de Tembra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avelino Abuín González
Avelino Abuín González
Nacemento: 1931
Imo, San Xoán de Laíño Dodro (provincia da Coruña Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 2 de marzo de 2009
Lingua: Galego
Xénero(s): Poesía

Avelino Abuín González, chamado Abuín de Tembra, nado en Imo, concello de Dodro, en 1931 e finado o 2 de marzo de 2009, foi un escritor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi catedrático de ensino medio e Técnico Superior de Relacións Públicas.

Foi o creador dos Xogos Florais do Ensino Medio de Galicia (1963), dos Cursos Monográficos Manuel Peleteiro (1966) e fundador do Padroadodo Pedrón de Ouro (1964, despois convertido en Fundación de Interese Galego). Foi secretario xeral da Fundación Rosalía de Castro e membro da súa Comisión de Cultura desde 1965).

Promoveu o premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón", que leva o nome dese poeta de Dodro. Fundou a revista electrónica Galicia Viva (1999) da asociación cultural epónima e creou a Ruta Rosaliana. Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música, que despois dirixiu e presentou en Radio Obradoiro.

Foi o pai do crítico literario Anxo Abuín.

[editar] Obras

[editar] Poesía

[editar] Ensaio

  • Ruta Rosaliana, 1984.
  • Rosalía, biografía do centenario, 1985.
  • Rosalía, 1987, Patronato Rosalía de Castro.

[editar] Edicións

  • En las orillas del Sar de Rosalía, 1984, Patronato Rosalía de Castro.
  • Obras completas de Rosalía, 1992.
  • Luís Aguirre. Poesía completa, 2007, 3C3.
  • Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2007, Fundación Rosalía de Castro.

[editar] Prólogos

[editar] Premios

  • Premio Ciudad de Carballo (1979).
  • Premio Galicia de Poesía (1981).
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago (1981), por Roldas de Compostela.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas