Museo Provincial de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Museo de Pontevedra")

Coordenadas: 42°25′57″N 08°38′35″W / 42.4325°N 8.64306°W / 42.4325; -8.64306

Museo Provincial de Pontevedra
Museopo.jpg
Edificios García Flórez (á esquerda) e Castro Monteagudo
País Flag of Galicia.svg Galicia, España
Cidade Pontevedra
Director Xosé Carlos Valle Pérez
Inauguración 1927
Superficie 10.000 m²
Horario verán: martes a sábado: 10:00-14:00 e 16:30-20:30
domingos e festivos: 11:00-14:00
Número telefónico 986 85 14 55
Sitio web www.museo.depo.es

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edifios históricos e un sexto en construción, con sesenta salas de exposición permanente. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. Localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Índice

Historia [editar]

O Museo de Pontevedra foi fundado pola Deputación Provincial, no pazo do Castro Monteagudo o 30 de decembro de 1927 e abriu ó público o 10 de agosto de 1929[1].

Na actualidade o museo ocupa cinco edificios históricos e máis un sexto edificio moderno que se comezou a construír en 2004 e que foi inaugurado en 2012.

Edificio Castro Monteagudo [editar]

Este edificio está datado en 1760, e leva ese nome porque foi edificado por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na Provincia Marítima de Pontevedra[2]. É o edificio inicial do museo.

As distintas salas exhiben os fondos arqueolóxicos, de orfebrería prerromana e romana, pratería e pintura.

Arqueoloxía [editar]

Á arqueoloxía estanlle dedicadas dúas salas no edificio Castro Monteagudo. Presentan materiais significativos de etapas da prehistoria e da protohistoria de Galicia.

Cómpre destacar a colección de torques e outras pezas castrexas procedentes, entre outros, dos achádegos dos tesouro de Caldas de Reis e de Agolada.[3]

Colección de pratería Fernández de la Mora y Mon [editar]

A colección, depositada de modo permanente no edificio Castro Monteagudo, foi adquirida polo escritor e diplomático Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. Está formada por pezas anteriores a 1900, predominando a arte civil sobre o sacro. As pezas son procedentes, ademais da Península Ibérica e de Hispanoamérica, doutros lugares coma Rusia ou China.

A serie de prata nielada (con incrustacións de aliaxes de chumbo) inclúe caixas e portavasos rusos, petacas turcas e cuencos tailandeses.

Unha das pezas máis antigas é un cuenco bizantino para bautizar, do século XV ou XVI. A de maior relevancia histórica é unha caixa do predicador de Nova Inglaterra Thomas Hooker de 1600, e a máis nobre é unha caixa de rapé moscovita con cantos curvos de comezos do século XIX.

Pero a peza máis valiosa é unha sopeira imperial, forxada en Estrasburgo cara a 1800, sen desmerecer unha xerra-trofeo ofrecida pola emperatriz de Alemaña Augusta Vitoria ao vencedor dunha carreira en 1898, con moedas de ouro incrustadas coas efixies dos tres emperadores que reinaron no mesmo ano.

Pazo García Flórez.

Edificio García Flórez [editar]

O pazo García Flórez chámase así por ser Antonio García Estévez Fariña e maila súa esposa Tomasa Suárez Flórez os que no século XVIII ergueron esta casa señorial sobre un pazo anterior. Foi unido ó Museo Provincial en 1943.

Os fondos que se expón nas súas salas consisten en material e mobiliario de mareantes, escultura relixiosa e acibechería.

Edificio Fernández López

Edificio Fernández López [editar]

Foi edificado desde o ano 1962 e rematado no 1965. O nome é unha homenaxe ao principal doador José Fernández López. Expón unha ampla colección de pintura romántica e histórica, con salas dedicadas especificamente a Goya e Joaquín Sorolla.

Neste edificio alóxanse as dependencias administrativas do Museo, a biblioteca e o arquivo gráfico (composto por máis de 500.000 rexistros).

Ruínas de San Domingos.

Ruínas de San Domingos [editar]

Artigo principal: Ruínas de San Domingos.

É o edificio máis antigo do museo. Ocupa os restos do Convento de San Domingos, construído nos séculos XIV e XV e abandonado desde a desamortización de Mendizábal de 1834. Conserva unicamente a capela maior e capelas laterais da cabeceira e mostra, ademais dos propios restos da igrexa que aínda se conservan en pé, unha ampla colección de escudos, lápidas gremiais, baldaquinos, capiteis e estatuas diversas.

Edificio Sarmiento [editar]

Trátase do antigo colexio dos Xesuítas, construción de estilo barroco iniciada en 1695 e rematada no ano 1714. Incorporouse ó museo en 1979.

Sexto edificio [editar]

Trátase dun edificio construído entre 2004 e 2012. No soto ten un auditorio. A planta baixa está adicada a exposicións temporais. Na primeira planta acolle obras de pintura galega e española, e na segunda planta ten pezas de Castelao e Manuel Quiroga.

Biblioteca.

Biblioteca [editar]

A biblioteca empezou cun lote de 108 libros. En 2007 o seu fondo acadou, con máis de 6.000 títulos de publicacións seriadas, máis de 150.000 rexistros bibliográficos, 500 mapas e planos e seccións de documentación. É unha biblioteca especializada á disposición de investigadores, cunha sala de lectura aberta ao publico unicamente para consultar os fondos, non existindo o préstamo a domicilio. A biblioteca leva a cabo varias misións de interese científico e colabora co Ministerio de Cultura e coa Xunta de Galicia.

Publicacións científicas [editar]

A revista anual do museo, El Museo de Pontevedra, publicouse por primeira vez no ano 1942. Ademais dos catálogos propios de cada exposición, o Museo publica monografías.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • María de la Paz Varela Campos: Guía de museos de Galicia, Edicións Nigra Trea S.L., ISBN 84-95364-04-2, px. 99-101.
  • Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e a colaboración de Fernando Arribas Arias: Guía do Museo Provincial de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, 2003. ISBN 84-8192-226-9.

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]