Escribenta das canaveiras
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Escribenta das canaveiras | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Emberiza schoeniclus (Linnaeus, 1758) |
|||||||||||||||
A escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) é unha ave da familia Emberizidae que poboa os humidais de boa parte de Europa e o norte de Asia.
En España realizouse o primeiro censo desta ave en 2005, co resultado de menos de 400 parellas reprodutoras. A maior poboación reprodutora atópase en Galicia cunha poboación de entre 128-158 pp.[1]Na Península Ibérica pódense atopar tres subespecies: Emberiza schoeniclus schoeniclus, abondosa na Europa occidental e presente como invernante; a iberoccidental Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción e a iberoriental Emberiza schoeniclus witherbyi, considerada en perigo, polo que esta especie foi considerada pola SEO Ave do Ano 2009.[2]
[editar] Notas
- ↑ Escribenta das canaveiras - Atlas de aves reprodutoras Consultada o 16/03/10
- ↑ Escribano Palustre: Ave do ano 2009