Trazo
| Trazo | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | tracense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Ordes |
| Poboación | 3433 hab. (2012) |
| Área | 101,4 km² |
| Densidade | 33,86 hab./km² |
| Entidades de poboación | 11 parroquias |
| Capital do concello | Viaño Pequeno |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Dafonte Varela (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Trazo | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,18% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodetrazo.es | |
Trazo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE a súa poboación no 2012 era de 3.433 habitantes (3.557 no 2006, 3.617 no 2005, 3.652 no 2004, 3.728 en 2003).
| Evolución da poboación de Trazo (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 3.640 | 4.458 | 5.409 | 5.005 | 3.652 | 3.496 | 3.433 | |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo Total | 3.496 |
| Menores de 15 anos | 270 (7,72%) |
| Entre 15 e 64 anos | 2.227 (63,70%) |
| Maiores de 65 anos | 999 (28,57%) |
Índice |
Xeografía [editar]
O relevo ten aspecto de meseta ondulada sen grandes contrastes e lixeiramente inclinada cara o sur, por onde descorre o Tambre.
As máximas alturas atópanse ao norte, en Pedras Negras (462 metros) e Berdieiras (507 metros). Unha serie de vales, regados todos por pequenos ríos, dan variedade e alegría ao paisaxe, que é tranquilo, vistoso e pouco poboado. Entre estas correntes de augas más importantes son as coñecidas polos nomes de Restande e de Lengüelle.
Situación e comunicacións [editar]
Sitúase a 19 quilómetros ó norte de Santiago de Compostela, aínda que afastado das vías de comunicación máis frecuentadas. A estrada que comunica ambas é a que parte da C-545, de Santiago a Santa Comba, a catro quilómetros da primeira. Esta estrada entra no municipio de Trazo atravesando o río Tambre por Ponte Albar.
Despois de unirse á de Ordes a Portomouro, percorre diagonalmente todo o concello e empalma en Ordes (15 quilómetros) coa N-550 de Santiago á Coruña. A distancia a capital da provincia por esta ruta é de 36 quilómetros. Os municipios cos que limita Trazo son os de Santiago polo sur, Tordoia ó norte, Val do Dubra ó oeste e Oroso ao leste.
Historia [editar]
As terras do actual municipio de Trazo pertenceron á xurisdición de Montaos. Esta xurisdición existía polo menos desde o século XII e figura por primeira vez nunha doazón de Afonso VII á mitra compostelá datado 31 de maio de 1124. Nela establécense os límites desde Ponte Sigüeiro ao monte Xalo, incluíndo practicamente todas as parroquias do concello. Os Bermúdez de Montaos, descendentes ou sucesores dos poderosos condes de Traba, exerceron este señorío, tendo como lugares principais Montaos (Ordes) e Lestrobe, na parroquia de Benza. Neste lugar posuían unha impresionante fortaleza, pero o abandono e o tempo acabaron con ela.
Escudo de Trazo [editar]
O escudo do concello de Trazo consiste nun castelo e un lobo pasante en prata sobre un fondo de sinople timbrados de coroa real pechada.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Trazo.
-
Campanario e Igrexa de Berreo.
Parroquias [editar]
Lugares de Trazo [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trazo vexa lugares de Trazo.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.