Cambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°17′33″N 8°20′38″W / 43.2925°N 8.34389°W / 43.2925; -8.34389

Cambre
Bandeira de Cambre Escudo de Cambre
Casa Concello Cambre.jpg
Situación
Situacion Cambre.PNG
Xentilicio[1]: Cambrés
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Coruña
Poboación: 23.621 hab. (2010)
Área: 40,7 km²
Densidade: 580,37 hab./km²
Entidades de poboación: 12 parroquias
Capital do concello: Cambre
Política (2011)
Alcalde: Manuel Rivas Caridad (PP)
Concelleiros: BNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 5
Outros: UxC 3, EU 2, PdC 1, PG 1
Eleccións municipais en Cambre
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 87,30 %
Sitio web oficial
www.cambre.org
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cambre (homónimos).

Cambre é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Segundo o INE en 2010 tiña 23.621 habitantes (23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés.

Evolución da poboación de Cambre - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 6.722  7.805  8.011  9.181  20.919  23.621
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.

O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila,con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.

[editar] Historia

Consérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo. Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.

[editar] Patrimonio

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.

[editar] Lugares de Cambre

As doce parroquias que conforman o concello de Cambre.

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca da Coruña Comarca da Coruña
Abegondo
Abegondo
Arteixo
Arteixo
Bergondo
Bergondo
Cambre
Cambre
Carral
Carral
A Coruña
A Coruña
Culleredo
Culleredo
Oleiros
Oleiros
Sada
Sada
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas