Valga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valga
Escudo de Valga
Valga, concello 01-02.JPG

Casa do Concello.
Situacion Valga.PNG
Situación
Xentilicio[1] valgués
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Caldas
Poboación 6.120 hab. (2009)
Área 40,6 km²
Densidade 150,74 hab./km²
Entidades de poboación 5 parroquias
Capital do concello Ponte Valga
Política (2011)
Alcalde José María Bello Maneiro
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Valga
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 85,70%
Na rede
http://www.valga.es/
concello.valga@eidolocal.es

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2009 era de 6.120 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués».

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 6.072
Menores de 15 anos 832 (13.70 %)
Entre 15 e 64 anos 4.008 (66.01 %)
Maiores de 65 anos 1.232 (20.28 %)

Localización[editar | editar a fonte]

Valga atópase na beira esquerda do curso baixo do río Ulla; está cruzado pola autoestrada AP-9, o camiño de ferro da Coruña a Vigo, a N-550 da Coruña a Pontevedra e a C-550 de Fisterra a Tui.

A parte norte ocúpaa o amplo val do Ulla, ao que verten os ríos Louro e Valga, que transcorren paralelos parte do seu percorrido. Cara o sul hai dous montes, o monte Xiabre (cos 372 m do monte Fontebecha) e o monte Xesteiras (cos 352 m do monte Lomba, os 365 m do monte da Salgueira e os 221 m do monte do Gorgullón). As vías de comunicación circulan na depresión entre estas dúas unidades.

As temperaturas son suaves, cunha media de 13 °C. Chove bastante, até chegar aos 1.700 mm. anuais.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a idade Media o territorio era señorío do arcebispo de Santiago de Compostela e dividíase entre Cordeiro e Padrón. Durante a Guerra de Independencia española tivo lugar unha batalla en Casal do Eirixo (27 de abril de 1809), na que os voluntarios do lugar, dirixidos por Pablo Morillo e polo cura Concha fixeron retroceder até Cesures ás tropas de Ney e Maucunne. Parece que con tal ocasión foi construída a ermida de Nosa Señora da Saúde.

O concello xurdiu da división municipal de 1821, levando o nome de Cordeiro até 1836. En 1925 segregouse a parroquia de San Xulián de Requeixo, dando lugar ao actual concello de Pontecesures.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Pedra das Serpes, ou petróglifo de Campo Redondo.

O petróglifo dos Penoucos de Campo Redondo, na parroquia de Valga, data da Idade de Bronce, e está declarado Ben de Interese Cultural. Da cultura castrexa son os poboados do Castro e a Roda do Castro (Setecoros) e O Castro (Cordeiro).

A capela dos Martores data do século V, sendo ampliada no XVII. A igrexa de Santa María de Xanza e a de Santa Cristina de Campaña son románicas. A igrexa vella de Santa Comba de Louro foi derrubada no século XVIII.

Dada a orografía do territorio, abundan os miradoiros, como o de Chan do Monte en Setecoros, o de Campo Redondo e o miradoiro do monte Xesteiras.

Valga celebra o 31 de agosto a Festa da anguía e a Mostra da Caña do País.

Valga na cultura popular[editar | editar a fonte]

Véxote no Milladoiro,
no Faramelo, en Padrón,
e hastra pola Ponte Valga
te vexo no corazón.

-

Vexo Valga á beira hermosa
dun camiño todo prata,
casta virxe candorosa,
sentadiña en chan de rosa,
vestidiña de escalrata.

Rosalía de Castro

Asociacións Culturais[editar | editar a fonte]

O concello de Valga conta con diferentes asociacións culturais entre as que destaca a Banda de Música Municipal de Valga e Escola de Música Municipal de Valga[3], a Escola Municipal de Teatro, a Asociación Cultural e Xuvenil A Eira[4], entre outras moitas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Valga.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga

Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María)


Lugares de Valga[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valga vexa: Lugares de Valga.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valga Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Caldas Comarca de Caldas
Caldas de Reis
Caldas de Reis
Catoira
Catoira
Cuntis
Cuntis
Moraña
Moraña
Pontecesures
Pontecesures
Portas
Portas
Valga
Valga