Irixoa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coordenadas: 43°14′2.38″N 8°0′57.66″W / 43.2339944°N 8.0160167°W
| Irixoa | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | irixoés (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Betanzos |
| Poboación | 1492 hab. (2012) |
| Área | 68,6 km² |
| Densidade | 21,75 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 parroquias |
| Capital do concello | Irixoa |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Antonio Deibe Sanmartín (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 Outros: |
| Eleccións municipais en Irixoa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,15% |
| Páxina web oficial | |
| www.irixoa.es | |
| Correo electrónico | correo@irixoa.dicoruna.es |
Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.492 habitantes (1.526 no 2009, 1.552 no 2006, 1.579 no 2005, 1.619 no 2004, 1.632 en 2003).
| Evolución da poboación de Irixoa (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 3.561 | 3.819 | 3.548 | 2.138 | 1.619 | 1.492 | ||
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía[editar]
O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.
Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.
O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).
Historia[editar]
Durante a idade media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.
Durante o antigo réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.
Escudo[editar]
O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.
Curiosidades[editar]
Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.
Parroquias[editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Irixoa | |
|---|---|
|
Ambroa (San Tirso) | Churío (San Martiño) | Coruxou (San Salvador) | Irixoa (San Lourenzo) | Mántaras (Santa María) | Verís (Santa María) | A Viña (Santaia) |
Lugares de Irixoa[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Irixoa vexa: Lugares de Irixoa.
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
| Concellos da Comarca de Betanzos | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aranga |
Betanzos |
Coirós |
Curtis |
Irixoa |
Miño |
Oza-Cesuras |
Paderne |
Vilarmaior |
Vilasantar |
|
|
|||||