Mouro (mitoloxía)
Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais presentes en mitos e relatos estendidos polo norte da Península Ibérica, e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Os homes eran escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatos populares asócianse coa aparencia de vellas bruxas e meigas.
Lenda [editar]
Nos relatos os mouros aparecen como construtores e habitantes de mámoas, túmulos funerarios, castros, minas romanas e por extensión todo tipo de ruína con orixes inmemoriais, coma os castelos medievais ou algúns pazos do século XVII con entradas en forma de arcada. Nalgúns relatos os mouros e mouras aparecen como custodios de fabulosos tesouros, que constitúen a orixe da riqueza de varias familias.
Co paso do tempo estas criaturas pagás foron relacionadas á presenza musulmán na Península Ibérica, e moitos relatos asomen que chegaron cos invasores do norte de África. Tamén hai relatos, aínda que menos numerosos, que os relacionan con outro tipo de invasores (viquingos, franceses etc.), que permanecerían acochados trala retirada dos seus compañeiros.
Á parte de lendas populares e mesmo relatos literarios, os mouros aparecen en varios topónimos galegos, normalmente sinalando a presenza de castros, mámoas ou outro tipo de antigas ruínas.
|
||||||||||||||||||||||||