Muíño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Muíño (homónimos).
Muíños de vento, Campo de Criptana na Mancha (España)
Muíños de vento, Campo de Criptana na Mancha (España)
Muíño de auga, Caldas de Reis
Muíño de auga, Caldas de Reis
Muíño de mareas, Narón
Muíño de mareas, Narón
Muíño holandés
Muíño holandés

Un muíño é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo para obter fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.

Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica (muíño de vento), a hidráulica (muíño de auga), animais (muíño de sangue) e, en muíños pequenos, a manual (un exemplo doméstico deles son os muíños do café, aínda que actualmente son eléctricos a maioría).

Índice

[editar] Muíños de vento

Quizais sexan os máis famosos e coñecidos e, entre eles e grazas a Don Quixote, os da Mancha, pero habíaos por todas as partes e moi especialmente en España, onde as correntes dos ríos non eran tan importantes como noutros países europeos. Aínda poden verse en Campo de Criptana (Cidade Real), ou en Consuegra (Toledo).

A utilidade dos muíños de vento para producir enerxía mecánica tense aproveitado para outros usos, como sacar agua, do que son un exemplo os empregados nos polders de Holanda ou, actualmente, para producir enerxía eléctrica. Pola súa forma, todos estes artefactos mantiveron o nome de muiños, o que ás veces pode dar a impresión equivocada de que a palabra muíño designa calquera destes ou especificamente os de vento. Concretamente, o nome correcto dos que producen enerxía eléctrica é aeroxeradores.

[editar] Muíños de agua

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal e movía unha roda de pas, a que á sua vez movía os mecanismos do muíño.

Este modo de obter enerxía mecánica utilizábase tamén noutros usos, como os batáns (tamén mencionados no Quixote) ou nas serrerías, das que aproveitando as correntes de auga americanas, moito máis caudalosas que as peninsulares, os españois construiron instalacións moi importantes.

Actualmente, moitos destes encoros empréganse para producir enerxía eléctrica (enerxía minihidráulica), pero levando a auga por un conduto cerrado desde o fondo do encoro até unha turbina, que substitue a roda de pas.

[editar] Muíños de sangue

En lugares sen ventos nin ríos aproveitábeis, construíronse muiños de sangue. O muíño propiamente dito estaba nunha primeira planta e o eixo que movía a moa seguía até a baixa, onde lle cruzaban uns madeiros aos que se enganchaban mulas ou bois, que camiñaban en círculo, para mover a pedra.

Casa-muíño en Santiago de Compostela
Casa-muíño en Santiago de Compostela

[editar] Outros muíños

Cando o muíño trata outras materias, ten nomes específicos. Así, o que extrae o aceite das olivas chámase almazara.


[editar] Os muíños na cultura popular galega

[editar] Galería de imaxes

[editar] Refraneiro

  • Ábrete, fol, pola boca, pra que en vez de unha maquía dúas che colla.
  • Ábrete, saco; unha maquía me debes, e dúas che agarro.
  • Andando gana a acea, e non estando queda.
  • As que ó muíño van, se son bonitas logo as moerán
  • Cada muíño quer a súa auga.
  • Cada un tira da auga pro seu muíño, inda que deixe seco o do veciño.
  • Cando a acea está parada, non dá proveito nin gana nada.
  • Con auga pasada non moe o muíño.
  • Con quen ten muíño que coidar non te poñas a enredar.
  • Máis que muíño en espera val sobro na moega.
  • Máis vale acea parada que muiñeiro amigo.
  • Mentras que a moa do muíño vai e vén, Dios dá seu ben.
  • Muíño parado non gana maquía.
  • Na acea, primeiro moe o que primeiro chega.
  • Nin muíño sin rodicio, nin home sin oficio.
  • Non creas ó que vén da acea, senón ó que volve a ela.
  • O abade e o veciño moen nun mesmo muíño.
  • O cura, o sancristan, o barbeiro e o veciño, todos moen nun muíño.
  • O muíño treina, treina; a iauga faino treinar.
  • O que está na acea moe, e non o que vai e non volve.
  • O que pode, vai ó muíño e moe.
  • O tolo ao monte i o cordo ao muíño.
  • Se o muíño non anda, a maquía non se gana
  • Us nacen pra moer, e outros pra ser moídos.

[editar] Cantigueiro

  • Chora, meu meniño, chora,/ ¿quen vos ha de dar a teta/ se túa nai vai no muíño/ e teu pai na leña seca?
  • Con me casar como quixen,/ e ter o ceio na casa,/ no hai noite que non me acorde/ das noites de muiñada.
  • Fun esta noite ó muíño/ cun fato de nenas novas,/ elas todas en camisa,/ eu no medio con cirolas.
  • Funche esta noite ó muíño,/ nunca che eu alí chegara,/ doume un abrazo unha moza/ e eu fuxín por mor da fada.
  • Irei contigo ó muíño,/ farei o que ti me mandes,/ pero contigo non quedo,/ Pepa Rosa, non te canses.
  • Nunca vin ponte sin río/ nin muíño sin rodicio,/ nunca vin moza bonita/ que tivese moito xuicio.
  • O crego foi ó muíño,/ meteu a cabeza dentro;/ sacou fariña na croa/ para face-lo formento.
  • O crego foi ó muíño/ e caeu da ponte en baixo;/ acodir ó crego, nenas,/ que vai polo río abaixo.
  • Se o crego vai no muíño/ e leva un fol e trai outro/ ¿qué ten que ver coa criada/ nin se ela pareu hai pouco?
  • Unha noite no muíño,/ unha noite non é nada;/ unha semaniña enteira,/ esa sí que é muiñada.
Ferramentas persoais