Vimianzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vimianzo
Escudo de Vimianzo
Situación
Situacion Vimianzo.PNG
Xentilicio[1]: Vimiancés
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Terra de Soneira
Poboación: 8.128 hab. (2010)
Área: 187,4 km²
Densidade: 44,29 hab./km²
Entidades de poboación: 14 parroquias
Capital do concello:
Política (2011)
Alcalde: Manuel Antelo (BNG)
Concelleiros: BNG: 4
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 3
Outros: 3
Eleccións municipais en Vimianzo
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,49 %
Sitio web oficial
www.vimianzo.es
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vimianzo (homónimos).

Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2010 tiña 8.128 habitantes (8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vimiancés.

Evolución da poboación de Vimianzo - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 8.637  9.222  10.678  9.646  8.475  8.128
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Casa consistorial.

Índice

[editar] Xeografía

Limita cos concellos de Zas, Dumbría, Muxía, Camariñas e Laxe.

[editar] Patrimonio histórico e artístico

Ten unha grande abundancia de restos megalíticos entre os que destacan os dolmens de Pedra Cuberta, a Casota de Freáns ou Pena Moura de Monte Carnio. Nos últimos anos apareceron exemplos de petróglifos nos lugares de Boallo e Berdoias. Na parroquia de Tines atopouse nos anos 50 a Estela de Vitorinus (Museo Arqueolóxico da Coruña) e distintos restos de enterramentos romano-suevos.

Da época medieval hai que subliñar o castelo de Vimianzo ou Torres de Martelo. Este castelo mostra un excelente estado de conservación e pódese visitar. Outra fortaleza defensiva, esta do século XVI, que merece ser destacada son as Torres de Cereixo situadas ó carón dunha igrexa románica que posúe a primeira representación da traslación do corpo do apóstolo Santiago o Maior.

Xa, en plena actualidade, destaca a labor que exerce desde comezos do século XXI, a Asociación Xuvenil Cherinkas no ámbito do Deporte e a Cultura do concello. Con máis de 20 actividades por ano, é sen lugar a dúbidas a asociación sen ánimo de lucro máis productiva de toda a Costa da Morte. Actividades como o SondeRock, o Roland Esgarros ou a Cherinkopa son produto dun grupo de arredor de 200 socios.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vimianzo.

[editar] Lugares de Vimianzo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vimianzo vexa: Lugares de Vimianzo.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns Externas


Concellos da Comarca da Terra de Soneira Terra de Soneira
Camariñas
Camariñas
Vimianzo
Vimianzo
Zas
Zas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas