Zas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°05′59″N 08°54′59″W / 43.09972°N 8.91639°W / 43.09972; -8.91639

Zas
Bandeira de Zas---Escudo de Zas
Casa Concello Zas.JPG

Casa do concello de Zas.
Situacion Zas.PNG
Situación
Xentilicio[1] zasense
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca da Terra de Soneira
Poboación 4.902 hab. (2014)
Área 133,2 km²
Densidade 36,8 hab./km²
Entidades de poboación 16 parroquias
Capital do concello Zas
Política (2011)
Alcalde Manuel Muíño Espasandín
Concelleiros BNG: 8
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 0
Outros: CG - 2
Eleccións municipais en Zas
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 92,40%
Na rede
www.concellodezas.org
correo@zas.dicoruna.es

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.902 habitantes (5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003).

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 4.902 habitantes
Menores de 15 anos 422 (8.61 %)
Entre 15 e 64 anos 2.955 (60.28 %)
Maiores de 65 anos 1.525 (31.11 %)
Evolución da poboación de Zas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
5.691 6.275 8.004 7.329 5.867 5.295 5.109 {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m). Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de San Adrián.

Ao sur do concello está a ponte de Brandomil, da época medieval e construído segundo bases romanas. A torre do Allo, situada na parroquia do Allo, é de inicios do século XVI.

Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música folk da Festa da Carballeira, que en 2008 celebrou a súa XXV edición.

Economía[editar | editar a fonte]

Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Zas.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Zas

O Allo (San Pedro) | Baio (Santa María) | Brandomil (San Pedro) | Brandoñas (Santa María) | Carreira (Santiago) | Gándara (Santa María) | Lamas (Santa María) | Loroño (Santiago) | Mira (Santa María) | Muíño (San Tirso) | San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo) | San Martiño de Meanos (San Martiño) | Santa Sía de Roma (Santa Sía) | Santo Adrián de Castro (Santo Adrián) | Vilar (San Pedro) | Zas (Santo André)


Lugares de Zas[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Zas vexa: Lugares de Zas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zas Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca da Terra de Soneira Terra de Soneira
Camariñas
Camariñas
Vimianzo
Vimianzo
Zas
Zas