Coristanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′14″N 08°44′12″W / 43.18722°N 8.73667°W / 43.18722; -8.73667

Coristanco
Escudo de Coristanco
Torres de Nogueira, San Roque, Coristanco.jpg
Torre de Nogueira.
Situación
Situacion Coristanco.PNG
Xentilicio[1] coristanqués
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Bergantiños
Poboación 7.285 hab. (2009)
Área 141,1 km²
Densidade 52,27 hab./km²
Entidades de poboación 15 parroquias
Capital do concello San Roque, Traba
Política (2011)
Alcalde Antonio Pensado Plágaro (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Outros: TEGA - 4
Eleccións municipais en Coristanco
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,42 %
Sitio web oficial
Web do concello de Coristanco

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2009 tiña 7.285 habitantes (7.582 no 2006, 7.646 no 2005, 7.765 no 2004, 7.860 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Evolución da poboación de Coristanco - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 6.495  7.338  9.327  10.314  7.765  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello limita ao norte con Ponteceso e Carballo, ao sur con Santa Comba, Zas e Tordoia, ao leste con Carballo e ao oeste con Cabana A principal vía de comunicación é a estrada C-552, que une A Coruña con Fisterra.

A lagoa de Alcaián, tamén coñecida como Braña Rubia, está situada na parroquia de Seavia, ao pé do monte Bubela. Malia o seu nome, é unha braña, e só ten auga estancada nas épocas máis chuvosas. Na actualidade está moi descoidade e apenas ten patrimonio ecolóxico. O nome de Alcaián débese á lenda de que baixo a lagoa hai unha cidade sumerxida (lenda repetida noutras moitas outras lagoas) chamada Alcaián.

Outra lagoa do concello é a lagoa de Cuns.

[editar] Historia

Hai restos megalíticos no concello, unhas 30 mámoas construídas hai uns 8.000 anos, sendo os mellor conservados os catro que hai no monte Lume de Suso e os de Porcariza, en Xaviña.

A partir do século VI a. C. chegou a cultura castrexa traída polos ártabros. Na zona establecéronse os Brigaecini, que deron nome á comarca. Consérvanse 8 castros catalogados, en moi mal estado de conservación debido ó uso das súas pedras noutras construcións ou peches de leiras.

Coa romanización comezaron a mellorarse as comunicacións, con construcións como a ponte Lubiáns sobre o río Rosendo.

Durante a Idade Media a zona estivo dominada polo arcebispo de Santiago, o mosteiro de San Mamede de Seavia e o conde de Traba. Na torre de Nogueira viviron os Bermúdez de Castro.

O concello de Coristanco constituíuse en 1835, formando parte do partido xudicial de Carballo. Con anterioridade a maioría das súas parroquias pertencían a Santiago de Compostela.

[editar] Patrimonio

A ponte Lubiáns cruza o río Rosendo, afluente do Anllóns. Une o concello de Carballo con Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.

Foi construída no século I, e por ela discorría a vía XIX do itinerario de Antonino, tamén chamada Per loca maritima. Até a construción moitos anos despois da Ponte Nova uns metros máis abaixo serviu de paso entre A Coruña e Fisterra. Nas súas orixes tiña cinco arcos, contando na actualidade con 4. Ten 40,5 metros de lonxitude e 2,6 de ancho. A súa maior altura sobre o río é de 5,4 m. Aínda conserva a a calzada de lousas.

A torre de Nogueira está situada no lugar de Nogueira, na parroquia de Seavia. É de forma rectangular e estilo gótico, de 13 m de altura. Formaba parte do pazo-fortaleza dos Bermúdez de Castro, levantado no século XV. O pazo tiña dúas torres, de carácter defensivo.

O pazo de Cereo Vello conserva entre dous pináculos barrocos unha pedra de armas co emblema dos Manueles, descendentes do infante don Xoán Manuel, á súa vez descendente de Afonso X o Sabio. O escudo é cuartelado con dous leóns rampantes con dous brazos armados. Consérvanse tamén os emblemas doutras familias nobres de Bergantiños, como os Vilardefrancos e os Pardiñas.

Outros dous pazos son o de Ferreiros, que pertenceu a un descendente de María Pita, e o de Ponte, en Verdes, que conserva restos dunha torre con pequenas garitas e unha gran muralla arredor da construción.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

[editar] Lugares de Coristanco

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Coristanco vexa: Lugares de Coristanco.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Bergantiños Comarca de Bergantiños
Cabana de Bergantiños
Cabana de
Bergantiños
Carballo
Carballo
Coristanco
Coristanco
A Laracha
A Laracha
Laxe
Laxe
Malpica de Bergantiños
Malpica de
Bergantiños
Ponteceso
Ponteceso
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas