Dumbría
| Dumbría | |
|---|---|
| Casa do concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Dumbriés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Fisterra |
| Poboación | 3.705 hab. (2010) |
| Área | 124,7 km² |
| Densidade | 30,63 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 parroquias |
| Capital do concello | Dumbría |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Manuel Pequeño Castro (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 9 Outros: PIED - 1 |
| Eleccións municipais en Dumbría | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,81 % |
| Sitio web oficial | |
| www.dumbria.com | |
Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na costa da Morte.
Segundo o IGE a súa poboación no 2010 era de 3.705 habitantes (3.970 no 2006, 4.067 no 2005, 4.166 no 2004, 4.307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Dumbriés.
| Evolución da poboación de Dumbría - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 3.526 | 3.824 | 5.031 | 4.778 | 4.166 | 3.705 | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
No concello está a desembocadura do río Xallas, sendo o único río de Europa que desemboca nunha fervenza.
O concello está atravesado polo camiño a Fisterra que adoitan facer os peregrinos unha vez feito o camiño de Santiago.
[editar] Historia
Os vestixios humanos máis antigos son o dolmen da Pedra da Arca (do megalitismo) e o petróglifo de Pedra Ancha (da Idade de Bronce). Hai tamén varias mámoas a carón da ermida de San Pedro Mártir e en Bustelo. Do período castrexo destacan os castros das Teixoeiras, o castelo de Logoso, o castro de Regoelle, o de Berdeogas ou o de Alvarellos.
A primeira mención en documentos sobre Dumbría é do ano 868, no documento de Tructinio, citada como Santa Eulalia in Donobria. Tamén aparece mencionada na relación de parroquias da entón diocese de Iria Flavia. Na baixa Idade Media as terras de Olveira e Olveiroa aparecen vinculadas aos dominios do bispo de Compostela, e nesta última parroquia, que aínda conserva trazas dun urbanismo medieval, había unha torre de defensa, ou casa forte, para controlar o paso sobre o río Xallas. A parroquia de Buxantes pertencía ao Mosteiro de San Martiño Pinario, xunto co mosteiro de Moraime (Muxía).
A aldea de Hospital debe o seu nome a un albergue para peregrinos, doado polo seu fundador ao cabido compostelán.
No Antigo Réxime a maioría das parroquias de Dumbría pertencían á xurisdición de Corcubión, rexentada polo conde de Altamira.
Durante a Guerra da Independencia Española as tropas francesas cruzaron o río Xallas pola Ponte Olveira camiño de Cee e Corcubión, derrotando a cativa resistencia ofrecida polos guerrilleiros. Despois destrozaron as aldeas de Olveiroa e Hospital, matando a moitos dos seus habitantes. Tamén queimaron o lugar da Fonte Santa. Un dos líderes guerrilleiros era o párroco do Ézaro.
A comezos do século XX instaláronse ao pé do Xallas as primeiras centrais hidroeléctricas da zona, sendo na actualidade un dos ríos máis aproveitados para a produción eléctrica.
[editar] Servizos
Neste concello está o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, situado nun pequeno núcleo de poboación rural adicado maioritariamente a actividades económicas relacionadas coa agricultura, a gandería, hidroelectricidade, ferrosilicio e servizos.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Dumbría
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dumbría | |
|---|---|
|
Berdeogas (Santiago) | Buxantes (San Pedro) | Dumbría (Santa Baia) | O Ézaro (Santa Uxía) | Olveira (San Martiño) | Olveiroa (Santiago) | Salgueiros (San Mamede) |
[editar] Lugares de Dumbría
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dumbría vexa: Lugares de Dumbría.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |