Mañón
Coordenadas: 43°44′10″N 07°42′20″W / 43.73611°N 7.70556°W
| Mañón | |
|---|---|
| Vista do O Porto do Barqueiro, Mañón | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Mañonés |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Ortegal |
| Poboación: | 1.589 hab. (2011) |
| Área: | 82,2 km² |
| Densidade: | 19,81 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 5 parroquias e 142 lugares |
| Capital do concello: | O Barqueiro |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Alfonso Balseiro Gómez (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Mañón | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 93,69 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellomanon.org | |
Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2011 tiña 1.589 habitantes (1.765 no 2006, 1.803 no 2005, 1.830 no 2004, 1.848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mañonés.
| Evolución da poboación de Mañón - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 4.459 | 4.059 | 4.267 | 2.976 | 1.830 | 1602 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 1.589 |
| Menores de 15 anos | 92 (5,74%) |
| Entre 15 e 64 anos | 888 (55,43%) |
| Maiores de 65 anos | 622 (38,83%) |
Índice |
[editar] Xeografía
Esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis de un quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao oeste co río Sor e a ría do Barqueiro.
Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.
[editar] Goberno municipal
Nas eleccións municipais de maio de 2007, o PPdG volveu ser o partido máis votado en Mañón, obtendo 6 dos 9 concelleiros da corporación local, con Alfonso Balseiro como alcalde. O PSdeG-PSOE é o único grupo que senta nas bancadas da oposición, cos 3 concelleiros restantes.
O BNG superou a barreira do 5 % dos votos, pero os resultados de PP e PSdeG-PSOE impedíronlle entrar na corporación.
[editar] Patrimonio histórico e artístico
- O Camiño dos arrieiros[3]: Camiño que xa poidera ser neolítico[4], que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:
- O primeiro ramal sae perto da cámara da mámoa de Forno dos Mouros, para as parroquias de As Neves e Devesos, cara a ría de Ortigueira[5] Ás súas beiras atópase a necrópole de Muro do Vasco.
- A segunda bifurcación atópase pasado o pico de Coriscada, xa máis ao norte e diríxese ao porto de Espasante. Ao seu rente están as necrópoles situadas en Montecalvelo e Hedrosa, respectivamente.
- Na parroquia de Santa María de Mañón:
- Na parroquia de As Ribeiras
-
- O pazo de Torre de Lama, construído sobre unha antiga fortaleza medieval, da que pouco se conserva.
[editar] Lugares de Mañón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.
[editar] Lugares turísticos
- Refuxios:
- Na parroquia de Grañas do Sor:
- A Ribeira do Bispo.
- O Cascón.
- Na parroquia de Mañón:
- Ponte Segade.
- Muíño de Salustio.
- Fonte Cubelas.
- Augas Caídas.
- Na parroquia de As Ribeiras do Sor:
- A Furada, coa súa ponte pendurante.
- Refuxio de Ulló.
- Na parroquia de Grañas do Sor:
- A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.
[editar] Praias
Praia de Vilela. Na estrada que une O Barqueiro con Bares, existe unha desviación á dereita, que achega á pequena cala de Vilela.
Praia de Bares. Antes de chegar ao Porto de Bares, atópase a praia de Bares, coa súa forma de cuncha e a Illa Coelleira á fronte. Esta praia queda dividida en dúas partes coa marea alta: unha parte na zona urbana e portuaria e a outra, coñecida como Igrexa Vella, cunha extensa zona dunar e dividida á súa vez por un saínte elevado e rochoso.
Praia de Esteiro ou Cañoles. Camiño de Ortigueira, atópase a praia de Esteiro, que ven gozando do distintivo de Bandeira Azul europea. Praia con forte ondaxe nunha zona e con outra, porén, de augas tranquilas na desembocadura do río Esteiro, máis acaida para o baño de nenos.
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón | |
|---|---|
|
Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo) |
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Mañón.
-
Pontes na Ría do Barqueiro, a Ponte Vella e a Ponte Nova
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ véxase Información do Camiño dos arrieiros
- ↑ Foi estudado inicialmente por Federico Maciñeira, quen nos di. "... por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa". Federico Maciñeira (1947: 34)
- ↑ Maciñeira
[editar] Véxase tamén
|
|||||
[editar] Ligazóns externas
| Concellos da Comarca do Ortegal | ||||
|---|---|---|---|---|
Cariño |
Cerdido |
Mañón |
Ortigueira |
|
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |