Boqueixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boqueixón (homónimos).

Coordenadas: 42°49′31″N 08°24′57″W / 42.82528°N 8.41583°W / 42.82528; -8.41583

Boqueixón
Escudo de Boqueixón
Concello de Boqueixón.JPG
Casa do Concello
Situación
Situacion Boqueixón.PNG
Xentilicio[1] boqueixonés
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Santiago
Poboación 4.462 hab. (2009)
Área 73,2 km²
Densidade 60,72 hab./km²
Entidades de poboación 14 parroquias
Capital do concello O Forte
Política (2011)
Alcalde Adolfo Gacio Vázquez (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Boqueixón
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,00 %
Sitio web oficial
www.boqueixon.com

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2009 tiña 4.462 habitantes (4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés.

Evolución da poboación de Boqueixón - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 4.232  4.432  5.062  5.511  4.337  {{{6}}}  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Forma parte do chamado Escalón de Santiago, o espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peniplano arrasado que descende suavemente de altitude.

Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sureste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.

[editar] Historia

O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823.

En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se unirá en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).

[editar] Festas e celebracións

[editar] Galería de imaxes

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)

[editar] Lugares de Boqueixón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca de Santiago Comarca de Santiago
Ames
Ames
Boqueixón
Boqueixón
Brión
Brión
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Teo
Teo
Val do Dubra
Val do Dubra
Vedra
Vedra
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas