Oleiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oleiros (homónimos).
Oleiros
Escudo de Oleiros
San Anton.Oleiros.Galicia.jpg
Castelo de Santa Cruz
Situación
Situacion Oleiros.PNG
Xentilicio[1]: Oleirense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Coruña
Poboación: 33.550 hab. (2010)
Área: 43,8 km²
Densidade: 739,29 hab./km²
Entidades de poboación: 9 parroquias
Capital do concello: Oleiros
Política (2011)
Alcalde: Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Outros: AV 11
Eleccións municipais en Oleiros
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 82,22 %
Sitio web oficial
www.oleiros.org

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2010 tiña 33.550 habitantes (31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Oleirense.

Índice

[editar] Xeografía

Unha vista da Coruña dende Bastiagueiro, en Oleiros.

[editar] Situación

Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña.

[editar] Demografía

É o segundo concello máis poboado da comarca da Coruña e o décimo concello galego en poboación.

Evolución da poboación de Oleiros - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 6.972  9.115  10.564  15.039  29.671  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 33.443
Menores de 15 anos 5.163 (15.44%)
Entre 15 e 64 anos 23.017 (68.82%)
Maiores de 65 anos 5.263 (15.73%)

[editar] Parroquias

As nove parroquias que compoñen o concello de Oleiros.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oleiros

Dexo (Santa María) | Dorneda (San Martiño) | Iñás (San Xorxe) | Liáns (Santaia) | Maianca (San Cosme) | Oleiros (Santa María) | Perillo (Santa Locaia) | San Pedro de Nós (San Pedro) | Serantes (San Xián)

[editar] Lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oleiros vexa: Lugares de Oleiros.

[editar] Patrimonio

Da época da cultura castrexa consérvanse trece castros, destacando o castro de Serantes e o de Dexo.

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de San Amaro.

O museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, unha das máis importantes escolas de cerámica popular. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede dunha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de alfareiros que expoñen as súas pezas.

[editar] Lugares de interese

Praias:
Museos:
Salas de exposicións:

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Oleiros.
Macroconcerto de verán na praia de Santa Cristina, Oleiros.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos


Concellos da Comarca da Coruña Comarca da Coruña
Abegondo
Abegondo
Arteixo
Arteixo
Bergondo
Bergondo
Cambre
Cambre
Carral
Carral
A Coruña
A Coruña
Culleredo
Culleredo
Oleiros
Oleiros
Sada
Sada
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas