Ordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ordes (homónimos).
Ordes
Escudo de Ordes
Ordes - concello - 4.jpg
Casa do Concello
Situación
Situacion Ordes.PNG
Xentilicio[1]: Ordense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Ordes
Poboación: 12.868 hab. (2010)
Área: 157,3 km²
Densidade: 79,68 hab./km²
Entidades de poboación: 13 parroquias
Capital do concello: Ordes
Política (2011)
Alcalde: Manuel Regos (UXO)
Concelleiros: BNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: UXO - 7, CideGa - 1
Eleccións municipais en Ordes
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,53 %
Sitio web oficial
www.concellodeordes.com

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2010 tiña 12.868 habitantes (12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Ordense.

Evolución da poboación de Ordes - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 7.260  8.205  10.450  11.076  12.287  12.868
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Compostela e A Coruña. A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m nos montes do sur e os 450 m no norte e neste sentido flúen os cursos de auga, que desembocan case todos no río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. Os regatos da parroquia de Ardemil desembocan no río Barcés. O terreo está formado por unha unidade xeolóxica de xistos denominada Xistos de Ordes.

O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes. Está atravesado pola N-550, a AP-9 e polo ferrocarril entre A Coruña e Compostela.

As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13 °C, se ben xea todo o ano excepto no verán. Boa parte do territorio está ocupado por lameiros e bosques de eucaliptos.

[editar] Mancomunidade de Ordes

Ordes é a capital da Mancomunidade de Ordes, composta por 7 concellos e un total de 39.004 habitantes:

[editar] Parroquias

  • Ardemil (San Pedro)
  • Barbeiros (Santa María)
  • Beán (Santa María)
  • Buscás (San Paio)
  • Leira (Santa María)
  • Lesta (Santo André)
  • Mercurín (San Clemente)

[editar] Historia

Da época castrexa destacan o castro de Ceidón e o castro de Gosende nas proximidades do núcleo urbano, posuindo todo o concello unha alta cantidade deste tipo de xacementos.

Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124.

En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, pernoctou na Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no lintel da porta.

O xeneral Juan Díaz Porlier tamén pernoctou en Ordes e aquí foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Miguel Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.

[editar] Economía

Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara as cidades máis próximas e cara Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación adícase ao sector primario (especialmente gando bovino para o sector lácteo). No que se refire ó sector secundario ou industrial, destaca o sector téxtil e a construción. Segundo a web do Concello de Ordes, en 2011 hai rexistradas 21 empresas adicadas á producción téxtil. O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio ao por menor que dan servizo non so a Ordes senón tamén ós Concellos da Mancomunidade de Ordes, cun sector comercial máis reducido.

[editar] Feiras

  • Feira semanal (ten lugar tódolos mércores) que ten lugar a entre a Rúa do Muiño e a Rúa da Feira, zona máis coñecida como o Campo da Feira.
  • Feira Multisectorial Expofegasa. Están representados distintos sectores (téxtil, agrícola queixo), Ten carácter anual e sempre coincide coa Festa do Champiñón.
  • Feira de Cans no Mesón do Bento. É unha feira de carácter anual de cans de caza.

[editar] Cultura

[editar] Museos

[editar] Agrupacións folclóricas

[editar] Asociacións Culturais

[editar] Banda de música

[editar] Grupos de ordes

[editar] Festivais de música

[editar] Festivais de arte urbá

[editar] Festivais de curtametraxes

[editar] Festas Gastronómicas

  • Festa do champiñón. Ten lugar en Ordes, xeralmente o último fin de semana de abril. Vense celebrando dende 1989 e coincide no tempo coa Feira Multisectorial Expofegasa.
  • Festa do Lacón. Ten lugar no Mesón do Bento

[editar] Deportes

En Ordes, de forma federada pódense praticar diversos deportes Fútbol, Fútbol sala, Hóckey a patíns, Tenis de mesa ou Pádel. A pesar de non haber ningún clube en de Tríatlon, é salientable que o triatleta ordense Iván Raña chegou a ser campión do mundo. Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos.

[editar] Clubes de fútbol

[editar] Clubes de Hóckey a patíns

  • Club Patín Ordes, é o clube máis laureado do Concello con numerosos títulos en categorías masculina e feminina.

[editar] Clubes de Pádel

[editar] Lugares de Ordes

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ordes vexa: Lugares de Ordes.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ordes

Ardemil (San Pedro) | Barbeiros (Santa María) | Beán (Santa María) | Buscás (San Paio) | Leira (Santa María) | Lesta (Santo André) | Mercurín (San Clemente) | Ordes (Santa María) | Parada (Santa Mariña) | Pereira (Santaia) | Poulo (San Xulián) | Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) | Vilamaior (Santiago)

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ordes.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Ligazóns

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas