N-550
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede nacional | |||
| Tipoloxía | estrada convencional | |||
| Inicio | A Coruña | |||
| Fin | Tui | |||
| Lonxitude | 180 km | |||
A N-550 é unha estrada nacional que parte na Coruña e remata en Tui.
[editar] Traxecto
Sae da Coruña pola avenida Alfonso Molina cara ao concello de Culleredo. Atravesa os lugares do Portádego, A Corveira, Vilaboa e Alvedro. Xa en Cambre pásase por Sigrás e Altamira. En Carral pásase por Tabeaio e a propia vila de Carral (pola Costa do Pincho). A estrada discorre entre eucaliptos, mentres sube cara ao punto máis alto da mesma, o Mesón do Vento, xa no concello de Ordes. A vila de Ordes crúzase pola avenida de Alfonso Senra, deixando á dereita a casa do Concello.
Atravésase Santa Cruz de Montaos e chégase ó concello de Oroso. Aquí pásase por Deixebre e Oroso, antes de chegar a Sigüeiro, onde se atravesa o río Tambre a través dunha ponte medieval reformada pouco antes de chegar a Santiago de Compostela.
Antigamente a estrada atravesaba a cidade polo centro (rúas de Basquiños, Santa Clara, Rodas, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Ensinanza, San Antonio, Senra e Rosalía de Castro), pero na actualidade existe a estrada SC-20 que enlaza coa N-550 no Polígono do Tambre e que leva á avenida de Lugo, que conecta coa avenida de Antón Fraguas, saída de Santiago cara ao sur.
Pouco despois de saír de Compostela, pasando por Conxo, chégase ao Milladoiro (cidade dormitorio de Compostela do concello de Ames). Logo de pasar polo concello de Teo chégase ó de Padrón, polos lugares da Picaraña, A Escravitude e Iria Flavia. Estes dous últimos lugares presentan dúas igrexas de gran beleza: o Santuario da Virxe de Escravitude e a colexiata de Iria Flavia, fronte á sede da fundación Camilo José Cela. A vila de Padrón é atravesada pola avenida de Compostela, deixando á esquerda o xardín botánico e á dereita o centro histórico. Crúzase o río Ulla e chégase á provincia de Pontevedra.
Atravésanse as vilas de Pontecesures e Valga, capitais dos seus respectivos concellos, e chégase a Caldas de Reis, onde cruza a N-640 e o río Umia. Entre Caldas e Pontevedra atravésanse as terras de Barro.
A chegada a Pontevedra ten lugar pola Avenida de Compostela, que enlaza coa ponte de Santiago (cruzando o río Lérez) e o paseo das Corbaceiras. Sáese de Pontevedra a través da rúa Manuel del Palacio e a Avenida de Vigo. O recorrido segue a través do concello de Pontevedra e o de Vilaboa. Despois de ligar coa N-554, que vai cara á ponte de Rande, segue cara a Arcade, (xa no concello de Soutomaior) para cruzar o río Oitavén. Logo de cruzar Cesantes, chégase a Redondela, vila que é circunvalada.
Ó saír de Redondela déixase á dereita a desviación a Vigo (N-552), e pouco despois a desviación ó aeroporto de Peinador (N-555), chegando ó concello de Mos e logo á localidade do Porriño, para chegar pouco despois a Tui a través da Avenida da Concordia.
En Tui chégase á aduana española, e a partir de aí a estrada entra na Ponte Vella Internacional Tui-Valença, ponte de ferro mixta para ferrocarril e turismos, rematando a estrada oficialmente á entrada da beira española da ponte.
[editar] Galería de imaxes
- Véxase tamén: Categoría:Imaxes da estrada N-550.
-
N-550 ó seu paso por Barro
-
Entrada no concello de Santiago de Compostela
-
Concello de Santiago de Compostela
-
N-550 ó seu paso por Sigüeiro
-
Concello de Santiago de Compostela
-
Concello de Oroso