Universidade de Lleida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universitat de Lleida
Lleida-Claustre UDL.jpg
Claustro da UdL
Localización: Cataluña Lleida
Reitor: Roberto Fernández Díaz
Estudantes:
Enderezo:
Páxina web: http://www.udl.cat/
Edificio do Rectorado
Campus de Cappont

A Universidade de Lleida (en catalán e oficialmente: Universitat de Lleida), coñecida co acrónimo UdL, é unha universidade española situada na cidade de Lleida. É herdeira do medieval Estudi General, a universidade máis antiga de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a terceira máis antiga de España tras a histórica de Palencia e a de Salamanca.

Historia[editar | editar a fonte]

A actual universidade, creada por lei en 1991, é herdeira da institución fundada por Xaime II de Aragón no ano 1300 (século XIII), co nome de Estudi General (Studium Generale), grazas a unha bula pontificia de Bonifacio VIII outorgada en 1297.

Co nacemento do Estudi General aparecía en Lleida un barrio universitario onde chegaban estudantes procedentes de toda a Coroa de Aragón e doutros moitos territorios, o que, do mesmo xeito que ocorre na actualidade, proporcionaba á cidade un ambiente de especial vitalidade. Por outra banda, estudantes e profesores formaban unha comunidade distinguida con importantes privilexios e inmunidades, coa igrexa parroquial de Sant Martí como lugar emblemático das celebracións solemnes, e co apoio económico do municipio e do Capítulo Catedralicio.

Na segunda metade do século XVII as universidades en España vivían un período de decadencia que continuaría ata o reinado de Filipe V, xa no século XVIII. Nesa época, e unha vez finalizada a Guerra de Sucesión, os reformadores borbónicos decidiron clausurar todas as universidades catalás: Barcelona, Xirona, Lleida, Tarragona, Tortosa, Vic e Solsona.[1] Ao mesmo tempo, a 70 km ao leste de Lleida, crearon a Universidade de Cervera en agradecemento ao apoio desta cidade a Filipe de Anjou, a diferenza doutras, como Lleida ou Barcelona, partidarias desde o primeiro momento do arquiduque Carlos de Austria. A nova universidade foi creada o 11 de maio de 1717. Unha Real Cédula datada o 9 de outubro do mesmo ano ordenou o peche do antigo Estudi General de Lleida, logo de 417 anos de prolongada existencia e o do resto das universidades de Cataluña.

Centros universitarios[editar | editar a fonte]

Existen cinco campus universitarios:

  • Campus de Cappont. Carrer Jaume II:
    • Facultade de Dereito e Economía.
    • Escola Politécnica Superior.
    • Facultade de Ciencias da Educación.
  • Campus estrada de Huesca. Avenida Alcalde Rovira Roure:
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria (ETSEA)
  • Campus Rambla d'Aragó: Pl. Víctor Siurana:
    • Facultade de Letras.
  • Campus de Ciencias da saúde. Av. Rovira Roure:
    • Facultade de Medicina.
    • Facultade de Enfermería.
  • Campus de la Partida de la Caparrella

Ademais hai catro centros adscritos á Universidade de Lleida:

  • Instituto Nacional de Educación Física de Catalunya (INEFC). Partida de la Caparrella, s/n 25192 Lleida.
  • Escola Universitaria de Relacións Laborais. C. Henri Dunant, 3 25003 Lleida.
  • Escola Universitaria de Turismo Terres de Lleida. C. Henri Dunant, 3 25003 Lleida.
  • Escola Universitaria de Turismo dos Pireneos. C. Castellciutat 25700 La Seu d'Urgell.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]