Caporos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización aproximada do pobo dos Caporos na provincia romana da Gallaecia.

Os caporos ou copori eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao Convento xurídico lucense.

[editar] Fontes

Os caporos son citados por Plinio o Vello, e por Ptolomeo. Os caporos persistían no século VI, de facer caso dalgunhas edicións do Parochiale suevorum, no que son citados como unha das parroquias pertencentes á sede de Iria Flavia.

[editar] Redución xeográfica

As citas de Plinio, que os coloca nunha lista entre os supertamáricos e os praestamarcos fai supor que estaban situados na fachada atlántica de Galicia, indicando ademais que Iria Flavia pertencía ao seu territorio. Pola súa parte, Mela tamén os sitúa en Lucus Augusti, isto, permite supor que se situaban, territorialmente, nunha banda de terra que ía desde a desembocadura do río Ulla, onde persiste aínda Iria, e seguía a conca do Ulla até a cidade de Lugo (Lucus). Sen embargo, o feito de que o Forum Coporum asi como o Divisio Teodomiri (ou parroquial suevo) corroboren o relato de Plinio e contradigan a Mela, tende a localizar aos Caporos nun territorio que vai desde a desembocadura do Ulla ata a actual Compostela desbotando a inclusión da cidade de Lugo[Cómpre referencia].

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas