Fisterra
Coordenadas: 42°54′21.40″N 9°15′45.79″W / 42.905944°N 9.2627194°W
| Fisterra | |
|---|---|
| Vista panorámica da vila |
|
| Situación | |
| Xentilicio[1] | fisterrán / fisterrá |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Fisterra |
| Poboación | 4990 hab. (2012) |
| Área | 29,4 km² |
| Densidade | 169,73 hab./km² |
| Entidades de poboación | 4 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Manuel Traba Fernández (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 Outros: |
| Eleccións municipais en Fisterra | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,76% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellofisterra.com | |
| Correo electrónico | alcaldia@fisterra.dicoruna.es |
Fisterra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2012 era de 4.990 habitantes (5.005 no 2009, 5.009 no 2006, 5.042 no 2005, 5.093 no 2004, 5.141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».
| Evolución da poboación de Fisterra (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 4.708 | 4.994 | 4.838 | 5.322 | 5.093 | 4.995 | 4.990 | |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Historia [editar]
O topónimo ten orixe latina, de finis terrae (fin da terra). Antigamente pensábase que o cabo Fisterra era o punto máis occidental do mundo coñecido, ao veren as lexións romanas o afundimento do sol nas augas do océano Atlántico.
Antigos xeógrafos grecorromanos situaban aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol construído polos fenicios e mandado destruír polo Apóstolo Santiago.
A tradición oral mistura lendas de temática relixiosa, marítima e pétrea, como as da ermida de San Guillerme, a Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra ou a cidade de Dugium.
Os peregrinos que fan o camiño de Santiago adoitan rematar aquí a súa viaxe.
Patrimonio [editar]
A vila de Fisterra está formada por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o peirao.
O castelo de San Carlos foi construído a mediados do século XVIII dentro dun plan defensivo da ría de Corcubión xunto co castelo do Príncipe, en Ameixenda (Cee) e o castelo do Cardenal, en Corcubión.
Deseñado polos enxeñeiros Demaur e Exaccha, en 1757 iniciouse a súa construción, co reformulamento xeral, a explanación do solar, a cimentación sobre rocha a base de pedra e barro e un tramo de muralla. Ten forma irregular para adaptarse ao terreno rochoso sobre o que está asentado.
Foi rematado en 1767, por Real Orde de Carlos III. No asalto francés a Fisterra durante a Guerra da Independencia Española sufriu un incendio que conlevou a súa destrución. Ata entón contaba con tres frontes e unha nave interior coa dependencia do oficial, o cuartel e o polvorín. Posteriormente reformouse a nave central, e foi restaurado recentemente.
Economía [editar]
O peirao da vila acolle boa parte da actividade económica. A flota está formada por pequenos barcos de baixura que utilizan diversas artes de pesca coma o palangre, nasas ou betas, subhastando as capturas na lonxa.
Tamén se leva a cabo a agricultura de subsistencia.
Fisterra na cultura popular [editar]
- Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros. [3]
- Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso.
- Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Fisterra
-
Camiño de Santiago, Fisterra
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra | |
|---|---|
|
Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán) |
Lugares de Fisterra [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Fisterra vexa: Lugares de Fisterra.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6).