Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Universidade de Vigo é unha universidade pertencente ao Sistema Universitario de Galicia que conta con tres campus: Campus de Vigo, Campus de Ourense, Campus de Pontevedra. O seu reitor é Salustiano Mato.
A Universidade ten como antecedentes o Colexio Universitario de Vigo, creado na década de 1970 co patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo (na actualidade integradora de Novacaixagalicia), e o Colexio Universitario de Ourense, inaugurado en 1973.
En 1989 a Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia estableceu a segregación da naquel momento única universidade galega, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa creación da Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña. O primeiro reitor foi o enxeñeiro químico Luís Espada Recarey. Entre 1998 o posto ocupouno o redondelán Domingo Docampo Amoedo, que foi substituído por Alberto Gago Rodríguez no 2006.
A Universidade acadou o maior número de alumnado matriculado no curso 1999/2000, con 29.000 persoas. Desde entón houbo un continuo descenso. En 2006 contaba con 21.263 matriculados/as (12.820 no campus de Vigo, 4.991 no de Ourense e 3.452 no de Pontevedra). No curso 2010-2011, foron 21.077 estudantes en graos, primeiro e segundo ciclo e mestrados oficiais[2].
[editar] Estrutura de goberno
O 20 de maio de 2010 celebráronse eleccións ao reitorado, con dúas candidaturas: Nova Universidade, liderada por Jaime Cabeza Pereiro, e Alternativa Universitaria, liderada por Salustiano Mato, que acadou o 52,6 % dos votos[3]. A xunta de goberno da universidade quedou composta por:
[editar] Centros Propios
Polo decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de Segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con tódolos seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo, a universidade quedou de principio integrada polos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Pouco a pouco foi aumentando tanto a cantidade de titulacións como de profesorado e alumnado, contando no seu décimo aniversario (2001) con:
- 20 centros superiores
- 46 titulacións
- 5 centros adscritos
- 1.500 profesores
- 29.000 alumnos
Amais pasou dun investimento en investigación de 0,51 millóns de € no 1991 a 5,23 millóns no 2001.
[editar] Infraestruturas
Existe unha crecente preocupación polas infraestruturas tanto na sede da universidade en Vigo, coma no campus de Ourense, centrándose especialmente estas no primeiro.
Neste sentido, destaca a construción da Cidade Universitaria, con espazos tanto de lecer, como comerciais, deportivos, etc.
Doutra banda, a situación das infraestruturas tamén se modifica en Ourense, coa construción nos ultimos anos, dun pavillón polideportivo, así como da sede da Biblioteca central do Campus, no "Campus Lonia".
[editar] Campus de Vigo
[editar] Campus Lagoas Marcosende ou CUVI
Hospital do Meixoeiro,
Cabral.
- Escola de Enxeñería Industrial.
- Escola Universitaria de Enfermaría (Meixoeiro).
- Escola Universitaria de Enfermaría (Povisa).
- Escola Universitaria de Estudos Empresariais.
- Escola Universitaria de Formación de Profesorado.
[editar] Campus de Ourense
- Facultade de Ciencias.
- Escola Superior de Enxeñaría Informática.
- Escola Universitaria de Enfermaría.
- Facultade de Ciencias da Educación.
- Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
- Facultade de Dereito.
- Facultade de Historia.
[editar] Campus de Pontevedra
[editar] Campus da Xunqueira
O GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo) é un proxecto de voluntariado para a recuperación de equipos informáticos, para a súa doazón, con software libre instalado, a entidades sociais.
O GRUVI está a traballar en dúas frontes:
- Un curso de software libre baseado no Linux.
- Unha xornada de portas abertas a calquera persoa interesada na reciclaxe informática e coa posibilidade de descargar software libre a todo aquel que o desexe (install party).
[editar] Galería de imaxes
|
|
|
Edificio de Ferro, Campus Ourense
|
|
|
|
Facultade de Dereito de Ourense
|
|
|
|
Biblioteca Central do Campus de Ourense
|
|
|
|
Entrada do Campus de Ourense
|
|
|
|
Edificio de Despachos do Campus Ourense
|
|
|
|
Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal de Pontevedra
|
|
|
|
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
|
|
|
|
Facultade de Educación e Ciencias do Deporte de Pontevedra
|
|
|
|
Facultade de Fisioterapia de Pontevedra
|
|
|
|
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra
|
|
|
|
Campus Lagoas Marcosende, Zamáns, Vigo
|
|
|
|
Facultade de Ciencias do Mar (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Facultades de Ciencias (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Cidade Tecnolóxica de Vigo (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
CITEXVI, Cidade Tecnolóxica de Vigo (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Biblioteca central (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Facultade de Dereito (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
CITEXVI, Cidade Tecnolóxica de Vigo (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Filoloxía e tradución (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Edificio Miralles (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Facultade de Ciencias Económicas (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Edificio Miralles (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Servizos para estudantes (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
CACTI, Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Edificio Miralles (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Reitorado (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Xerencia (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Residencia de estudantes (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Museo Anfaco da industria conserveira (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
ETSE Telecomunicacións (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
ETSE Industriais (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
ETSE Minas (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Cidade Tecnolóxica de Vigo (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
ETSE Industriais (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Facultades de Ciencias (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Paso interior da Facultade de Económicas (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Facultade de Ciencias do Mar (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Escultura (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Paso entre edificios de Ciencias (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Espazo para sentar (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Patio interior das facultades de ciencias (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Lagoa do Campus das Lagoas de Vigo
|
|
|
|
Lago interior da Facultade de Económicas (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
|
|
Estatua (Campus Lagoas-Marcosende de Vigo)
|
|
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas